Aula Norvet
A actividade promovida ao abeiro do plan de formación do Campus Terra para facilitar a adquisicións de métodos e ferramentas axeitadas para a aprendizaxe celebra este xoves unha nova sesión na aula Norvet da Facultade de Veterinaria
A Aula Norvet da Facultade de Veterinaria acolle este xoves 28, en quenda de 12.00 a 15.00 horas, unha sesión virtual do obradoiro de técnicas de estudo individuais para o alumnado, unha iniciativa promovida ao abeiro do plan de formación complementaria do Campus Terra da USC, a través da que se facilita a adquisición de métodos e ferramentas para favorecer a aprendizaxe. A inscrición neste obradoiro aínda está aberta en liña.
O obradoiro, coordinado por Maribel Quiroga e impartido por Carmen Fernández Morante, Beatriz Cebreiro, Cristina Abeal e Lorena Casal Otero, afonda sobre a capacidade de autoxestión e autodisciplina nos procesos de aprendizaxe. As estratexias de estudo e o traballo individual e colaborativo constitúen outras das temáticas que se traballan neste obradoiro.