Obxectivos do curso
Coñecer as posibilidades das ferramentas Microsoft Planner e Microsoft To Do. Adquirir competencias para xestionar un plan de traballo grupal. Xestionar as tarefas diarias integrando os aspectos persoais e profesionais. Adquirir boas prácticas para un uso eficiente do tempo.
Contidos
O contidos do curso estruturaranse do seguinte xeito:
- Xestión de tarefas e do tempo.
- Ámbitos de uso de Microsoft Planner e Microsoft To Do.
- Microsoft To Do.
- Creación e xestión de tarefas e listas.
- Tarefas compartidas.
- Microsoft Planner.
- Creación de plans de traballo.
- Creación, organización e asignación de tarefas.
- Xestión e organización do plan de traballo.
- Integración con outras aplicacións da contorna do Microsoft 365.
Metodoloxía
O curso realizarase presencialmente nunha sesión de 4h totais de duración. A sesión dividirase en tres fases. Na primeira exporase a necesidade do uso destas ferramentas e a súa aplicación ao ámbito persoal. Tras un receso, na segunda fase exporase o funcionamento no ámbito do traballo en equipo. Finalmente, na terceira fase deixarase tempo para que as persoas participantes poidan expor dúbidas, casos de uso ou propor problemas non resoltos.
Dirixido a: Estudantes de grao e mestrado e PDI.
Docentes: Alejandro Manuel Nieto Lareo. Centro de Tecnoloxía para o Aprendizaxe (CeTA) da USC.
Requisitos materiais do curso: Asitencia co ordenador portátil con carga completa de batería.