Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

Asistencia ao programa «Os ollos verdes» de NUMAX con recoñecemento de 1 crédito ECTS.

O ciclo «Os ollos verdes, o cinema inédito de NUMAX» renóvase ano a ano reunindo os títulos máis arriscado se anovadores da carteleira

  • A USC ten un acordo con NUMAX para que o estudantado poida obter 1 crédito ECTS participando no programa 'Os ollos verdes. O cinema inédito de NUMAX', asistindo a un mínimo de 10 proxeccións no curso e realizando un traballo final. Coa tarxeta do ciclo selada, o acceso ás sesións ten tarifa reducida de 4,5 €.

    Tamén computa dentro do ciclo a asistencia a retrospectivas para mergullarse na obra de cineastas claves do cinema clásico, moderno ou contemporáneo.

    Máis información en Numax (Rúa Concepción Arenal, 9 - Baixo): e-mail info@numax.org e teléfono: 981 560 250

Os contidos desta páxina actualizáronse o 13.05.2025.