Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

Formación e desenvolvemento

A USC recoñece nos seus estatutos o dereito de todo o seu persoal á formación continua, coa finalidade de garantir unha constante mellora das capacidades para o desempeño do seu labor.

O desenvolvemento da carreira do persoal investigador, en cada unha das súas diferentes etapas, é unha prioridade, e para elo se deseñan programas e accións de formación continuada, tanto a nivel transversal para todos os equipos de investigación da universidade, como dende cada un dos centros singulares e institutos de investigación para facilitar a formación continuada dos seus equipos.

O programa de formación da USC para o seu persoal investigador comprende varias decenas de actividades que se desenvolven ao longo do ano, centradas tanto en materias directamente relacionadas coas disciplinas científicas sobre as que levan a cabo a súa investigación como en habilidades transversais, imprescindibles para desenvolver todo o seu potencial como profesionais.

Nas seguintes ligazóns amplíase a información sobre a oferta formativa e as actividades para o desenvolvemento da carreira investigadora na USC e nos seus centros e institutos de investigación.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 12.05.2022.