Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

Máster Universitario en Química Orgánica

Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Ciencias
Ámbito de coñecemento
Química.
Centro(s)
Facultade de Química
Avda. das Ciencias, s/n, 15782
Santiago de Compostela
881814229 (Conserxaría)
881814256 (Decanato)
facultade.quimica.decanato@usc.gal
Campus
Santiago de Compostela
Coordinador/a
Jesus Angel Varela Carrete
+info
Web propia do máster

Este máster, de carácter interuniversitario, ten por obxectivo proporcionar unha formación fundamental, teórica e aplicada, para o acceso ao doutoramento ou para o exercicio da profesión de químico en laboratorios, sistemas de produción e sistemas I+D+i privados e institucionais que requiran o dominio da Química Orgánica.

  • Duración: 1 ano académico
    Código RUCT: 4314248
    Número de ECTS: 60
    Número prazas: 20

    Decano/a ou director/a do centro:
    Jesus Sanmartin Matalobos
    jesus.sanmartin@usc.es

    Coordinador-a do título:
    Jesus Angel Varela Carrete

    Linguas de uso:
    Castelán, Galego, Inglés

    Universidade coordinadora:
    Universidade de Santiago de Compostela

    Universidade(s) participante(s):
    Universidade de Santiago de Compostela Universidade Complutense de Madrid Universidade Autónoma de Madrid

    Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
    Orde do 05/12/2013(DOG 20/12/2013)

    Data de publicación no BOE:
    10/04/2014 (Mod 27/07/2020)

    Data da última acreditación:
    26/01/2022

    O Máster en Química Orgánica trátase dun título interuniversitario, impartido conxuntamente coas Universidade Autónoma de Madrid e a Universidade Complutense de Madrid.

  • Condicións de terminación:

    Obrigatorias: 18
    Optativas: 12
    Traballo fin de máster: 30
    Total: 60

    Non se contemplan

  • Este máster, de carácter interuniversitario, ten por obxectivo proporcionar unha formación fundamental, teórica e aplicada, para o acceso ao doutoramento ou para o exercicio da profesión de químico en laboratorios, sistemas de produción e sistemas I+D+i privados e institucionais que requiran o dominio da Química Orgánica.

  • Modalidade: Procedimiento de admisión: criterios específicos

    Titulacións de acceso:

    -Titulación en Química ou titulación afín.
    En todo caso, o solicitante debe posuír un coñecemento suficiente de Química Orgánica, acreditada mediante a adquisición das competencias e habilidades de Química Orgánica xeral, Síntese Orgánica e Determinación Estrutural estabelecidas nos plans de estudo do Grado en Química nas universidades do consorcio.

    CRITERIOS DE SELECCIÓN:
    Expediente académico: 25-40%
    Formación en Quím. Orgán: 30-50%
    Adecuación ao perfil: 10-15%
    Outros méritos 10-15%

    Información actualizada en cada convocatoria de matrícula

  • Mobilidade

    A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa): Portal Internacional

    Prácticas

    Non se contemplan

  • O Traballo Fin de Máster (TFM), de 30 ECTS obrigatorios, é un traballo experimental de iniciación á investigación que se desenvolverá nos laboratorios das universidades participantes, institucións (OPIs) ou empresas colaboradoras. Consiste na realización dun proxecto de investigación asociado a un plan de traballo asinado pola persoa que tutorice ao alumno, de tal forma que o alumno terá que levar a cabo as tarefas seguintes: Documentación bibliográfica sobre antecedentes e estado actual do tema proposto como proxecto, elaboración dunha proposta de obxectivos, realización dos experimentos, tratamento de datos, elaboración e presentación pública e defensa dunha memoria de resultados e conclusións.

    A relación de materias optativas ofertadas no mestrado permite configurar especializaciones de referencia en Química Orgánica, como son a de Síntese e Produción, a de Química de Biomoléculas e Fármacos e a de Deseño e Propiedades de Materiais. É relevante ter en conta que o desenvolvemento do TFM na empresa, combinado apropiadamente con materias optativas, proporcionará ao alumno un perfil netamente profesional, relacionado coa actividade produtiva. Deste xeito, o acceso á empresa ou ao doutoramento poderá ser diferenciado polo alumno. No entanto, é perfectamente posíbel (e aéa desexábel en función das aspiracións do estudante) que o alumno que procure un perfil académico, para continuar co doutoramento, aplique a materia TFM á realización dun proxecto de investigación na Universidade ou o CSIC, mentres que aquel que desexe definir un perfil profesional desenvolva o TFM nunha empresa.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 19.06.2024.