-
Créditos ECTS
Créditos ECTS: 6Horas ECTS Criterios/Memorias
Horas de Titorías: 3
Clase Expositiva: 33
Clase Interactiva: 15
Total: 51Linguas de uso
Castelán, GalegoTipo:
Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021Departamentos:
Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas VeterinariasÁreas:
Anatomía e Anatomía Patolóxica ComparadasCentro
Facultade de CienciasConvocatoria:
Segundo semestreDocencia:
Con docenciaMatrícula:
Matriculable -
1. Resolver como se produce o desenvolvemento prenatal e os principais factores que poden alteralo.
2. Distinguir entre coñecementos básicos sobre a composición, organización morfológica e funcional dun xerme, un embrión e un feto.
3. Identificar os procesos que conducen á formación de cada un dos órganos e sistemas do animal adulto.
4. Identificar as principais malformacións congénitas e os fallos de desenvolvemento que conduciron á súa aparición.
5. Aplicar a terminología básica en Bioloxía do desenvolvemento, aprendendo a describir con precisión e corrección as estruturas e procesos celulares.
6. Identificar as estruturas típicas do período prenatal en cortes seriados de embriones e fetos con axuda dunha lupa binocular ou un microscopio óptico.TEORIA:
1. Historia da embrioloxía: Feitos relevantes e avances no campo da embrioloxía ao longo da historia. Científicos destacados e descubrimentos clave.
2. Gametoxénese: Formación e diferenciación dos gametos masculinos e femininos.
3. Fecundación: Mecanismos de recoñecemento, fusión de gametos e formación do cigoto.
4. Desenvolvemento temprano: Segmentación do embrión, formación da mórula e do blastocisto.
5. Implantación: Adhesión do blastocisto ao endometrio uterino e formación do sincitiotrofoblasto.
6. Placentación: Desenvolvemento da placenta e transferencia de nutrientes e gases entre o embrión e a nai.
7. Neurulación: Formación do tubo neural a partir do ectodermo, incluíndo a indución e migración das células neurais, formación das vesículas cerebrais e da medula espinal.
8. Crestas neurais: Orixe, migración e diferenciación das células das crestas neurais e a súa contribución á formación de diferentes tecidos e estruturas no embrión.
9. Modelos de desenvolvemento temprano: a) Ourizo do mar: Fecundación externa, segmentación radial e desenvolvemento larvar. b) Nematodos: Caenorhabditis elegans. c) Insectos: Drosophila melanogaster. d) Peixes: Fecundación externa ou interna, segmentación discoidal e formación de larvas ou ovos. e) Aves: Fecundación interna, segmentación discoidal parcial, formación do blastoderma e desenvolvemento do ovo. f) Mamíferos: Fecundación interna, segmentación holoblástica, implantación e desenvolvemento placentario.
10. Período fetal: Principais etapas e eventos do desenvolvemento embrionario no útero materno.
11. Técnicas de manipulación embrionaria: a) Clonación: Métodos de clonación somática e reproductiva. b) Técnicas modernas: Edición xenética e manipulación de embrións.
e aplicación destas técnicas.
PRÁCTICAS:
1. Estudo microscópico de seccións representativas das diferentes etapas do desenvolvemento embrionario:
• Preparación de mostras de embrións de distintas etapas.
• Técnicas de inclusión, corte, tinción e montaxe de seccións histolóxicas.
• Observación microscópica das seccións para identificar características morfolóxicas e eventos clave no desenvolvemento embrionario.
2. Realización no laboratorio dos procedementos de inclusión, corte, tinción e montaxe de preparacións histolóxicas de embrións de diversas especies:
• Preparación de mostras de embrións de diferentes especies.
• Procedementos de inclusión en parafina, corte de seccións histolóxicas finas con microtomo de rotación, deslizamento e vibratomo.
• Tinción das seccións con colorantes específicos para resaltar as estruturas e tecidos.
• Montaxe das seccións en portaobjetos e cubreobjetos para a súa observación microscópica.
3. Realización de técnicas de inmunohistoquímica para a detección de marcadores de expresión temprana no desenvolvemento embrionario fetal:
• Preparación de mostras de tecidos embrionarios e fetais.
• Bloqueo de sitios de unión non específicos.
• Incubación con anticorpos primarios específicos para os marcadores de interese.
• Lavado e detección dos anticorpos mediante técnicas de marcaxe, como a inmunofluorescencia ou a peroxidase.
4. Técnicas de lectinas na histoquímica:
• Preparación de mostras de tecidos embrionarios e fetais.
• Bloqueo de sitios de unión non específicos.
• Incubación con lectinas específicas para recoñecer carbohidratos nos tecidos.
• Revelado das lectinas mediante técnicas de marcaxe, como a inmunofluorescencia ou a peroxidase.- Carlson, B. M.
“Embrioloxía humana e Bioloxía do Desenvolvemento”. Elsevier. 5ª ed. 2014.
- Gilbert, S.F.
“Development Biology”. Sinauer Associates, Inc. 10ª ed. 2013.
- Pierce, B.A.
“Xenética. Un enfoque conceptual”. Ed. Médica Panamericana. 3ª ed. 2010.
- Sadler, T. W. and Langman, J.
“Embriología médica”. Ed. Médica Panamericana. 12ª ed. 2012.
- Subranomian T.
"Molecular Developmental Biology". Ed. Alpha Science. 2011
- Wolpert, L., Beddington, R., Brockes, J., Jessell, T., Lawrence, P. and Meyerowitz, E.
“Principles of Development”. Oxford UniversitCon06: Comprender en profundidade os principais procesos fisiolóxicos e metabólicos dos organismos multicelulares, así como identificar e explicar as bases moleculares e a regulación deses procesos.
Con07: Coñecer e interpretar a estrutura, organización, transmisión, expresión, regulación e evolución do material xenético.
H/D08: Planificar e utilizar os principais métodos experimentais dirixidos á análise da actividade biolóxica, técnicas de illamento, caracterización de moléculas biolóxicas, desenvolvemento de sistemas terapéuticos e avaliación de substancias activas.
Comp05: Colaborar en equipos interdisciplinares en calquera ambiente de traballo, partindo do coñecemento do entorno e da normativa legal vixente.
Comp06: Desenvolver a capacidade de aprender de forma autónoma con iniciativa e espírito emprendedor.• As clases expositivas ou maxistrais (33 horas) serán impartidas polos profesores encargados da materia, empregando presentacións audiovisuais por computador con proxector de vídeo, coa axuda de anotacións no encerado.
• As clases prácticas de laboratorio (12 horas) incluirán unha introdución teórica e guións que detallen os procedementos a desenvolver.
• Nos seminarios interactivos (3 horas) os alumnos presentarán oralmente traballos realizados en grupo relacionados cos temas da materia.
• A orientación de todas as actividades e tarefas realizadas polos estudantes será realizada polos profesores nas sesións de tutoría en grupo (3 horas). Tamén realizarán un traballo individual consistente na resolución de problemas.
• Utilizarase de forma continuada como apoio á docencia o Campus Virtual da USC.Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións".
Para a avaliación da materia teranse en conta 4 apartados: exame teórico, prácticas de laboratorio, presentación de traballos e participación activa en clases e debates. O exame final (60% da cualificación final, complementaria á avaliación continua) será un exame único, cuxa data de realización é asignada polo Centro e é coñecida antes do inicio do Curso Académico. Trátase dun exame tipo test, que consta de 35 preguntas con 4 respostas das cales calquera pode ser correcta. O tempo de realización do exame será de 2 horas.
Competencias avaliadas: Con06, Con07, H/D08.
Prácticas de laboratorio (20% da valoración final) os coñecementos adquiridos avaliaranse mediante un exame escrito que se efectuará no exame final.
Competencias avaliadas: Con06, Comp05, Comp06.
Presentación de traballos (15% da cualificación final) valoraranse aspectos como a estrutura do traballo, a calidade da información e a presentación oral.
Competencias avaliadas: Con06, Comp05, Comp06.
Avaliación continua (5% da cualificación final) valorarase a participación activa en clase e a resolución de problemas (tamén nas tutorías en grupo).
Competencias avaliadas: Con06, Con07.A materia consta de 6 créditos ECTS. O número total de horas de traballo do estudante é de 150 horas, das cales o 34% son presenciais e o 66% son horas de traballo autónomo do alumno. A distribución detallada do tempo de traballo do alumno é a seguinte:
• Clases maxistrais: 33 h presenciais / 66 h traballo autónomo / 99 totales
• Seminarios: 3 h presenciais / 9 h traballo autónomo / 12 totales
• Prácticas: 12 h presenciais / 24 h traballo autónomo / 36 totales
• Titorías en grupo: 3 h presenciais / 3 totales
• Realización de exames e revisión: 3 h presenciais / 3 totalesRecoméndase a asistencia ás clases teóricas e a resolución de dúbidas nas titorías. Prestar atención nas clases teóricas, seminarios e prácticas. Levar a materia ó día e profundizar nos contidos presentados nas clases de teoría utilizando a bibliografía recomendada.
Os idiomas de docencia son castelán e galego. A cualificación da 2ª oportunidade farase en base aos resultados obtidos nun examen final similar ó feito na 1ª oportunidade da convocatoria correspondente e ás valoracións obtidas nos demáis apartados obxecto de cualificación (prácticas, traballos, avaliación continua; que en ningún caso terán carácter obrigatorio) que se conservarán nas dúas oportunidades de cada convocatoria. Soamente os alumnos que non realizaran ningunha actividade durante o curso serán cualificados con “Non Presentado”.
-
Pablo Sanchez Quinteiro
Coordinador/a- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Anatomía e Anatomía Patolóxica Comparadas
- Correo electrónico
- pablo.sanchez@usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
-
2º semestre - Do 27 de xaneiro ao 02 de febreiro Mércores 10:00-11:00 Grupo /CLE_01 Castelán 2P AULA 5 SEGUNDA PLANTA Venres 09:00-10:00 Grupo /CLE_01 Castelán 2P AULA 5 SEGUNDA PLANTA Exames 23.05.2025 10:00-14:00 Grupo /CLE_01 2P AULA 2 SEGUNDA PLANTA 23.05.2025 10:00-14:00 Grupo /CLE_01 2P AULA 5 SEGUNDA PLANTA 08.07.2025 10:00-14:00 Grupo /CLE_01 2P AULA 2 SEGUNDA PLANTA 08.07.2025 10:00-14:00 Grupo /CLE_01 2P AULA 5 SEGUNDA PLANTA