-
Créditos ECTS
Créditos ECTS: 6Horas ECTS Criterios/Memorias
Horas de Titorías: 3
Clase Expositiva: 18
Clase Interactiva: 30
Total: 51Linguas de uso
Castelán, GalegoTipo:
Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021Departamentos:
Economía AplicadaÁreas:
Economía AplicadaCentro
Facultade de Administración e Dirección de EmpresasConvocatoria:
Primeiro semestreDocencia:
Con docenciaMatrícula:
Matriculable | 1ro curso (Si) -
- Conhecer e saber empregar os conceitos e técnicas básicas precisas para a comprensom do funcionamento da economia mundial.
- Conhecer as características estructurais da fase actual do sistema económico capitalista.
- Saber interpretar os câmbios recentes e principais problemas que afectan à economia mundial.
- Conhecer e saber empregar as principais fontes estatísticas económicas.Evolución do pensamiento económico
A medición económica
A ciencia y tecnoloxía no desenvolvemento económico e no proceso de globalización actual
Instrumentos públicos para a promoción e o desarrollo da ciencia e tecnoloxía
Fluxos comerciais e de investimento no contexto da globalización
O sistema monetario e financiero no contexto da globlalización financiarizada
Procesos de integración económica
A crise climática no proceso de globalización actualAntuñano Maruri, I., Sánchez Andrés, A., et All., (2009), Política económica. Elaboración y políticas coyunturales. Ed. Tirant lo Blanch. Valencia.
Berzosa, C., Bustelo, P. e de la Iglesia, J. (2001). Estructura económica mundial. Ed. Síntesis. Madrid. 2ª ed. act. e amp. Madrid.
Durán Romero, García de la Cruz, Sánchez Díez, (2013), Estructura económica y relaciones internacionales. Garceta. Madrid.
García de la Cruz, J. M.; Ruesga Benito, S. M., (2007), Economía española. Estructura y regulación. 2ª ediçom. Thomson.
García Delgado, J. L. (Dir.), (2009), Lecciones de economía española. Ed. Cívitas (6ª ediçom).
Prada blanco, A. e Lago Peñas, S., 2009, Galicia unha economía europea 1986-2066. Ed. Galaxia. Vigo
Rallo Romero, A., Guzmán Cuevas, J., Santos Cumplido, F. J., (Coords.), (2001), Curso de estructura económica española. Ed. Pirámide.C14. Entender como o proceso de globalización actual ven afectado polo desenvolvemento de novo coñecemento e tecnoloxía
C8. Empregar as habilidades adquiridas no grao para identificar problemas e desenvolver solucións efectiva na xestión empresarial.
C12. Manexar técnicas de elaboración de informes e presentacións tecnolóxicas e de xestión en distintos formatos e medios.
HD2. Xestionar información procedente de distintas fontes que permitan adquirir novos coñecementos e aplicalos para responder a retos, resolver problemas e tomar decisións.
HD5. Manexar a comunicación oral e escrita de forma precisa e clara para transmitir coñecementos, metodoloxías, información, resultados, problemas e solucións.
HD6. Demostrar capacidade para o aprendizaxe autónomo e autoevaluación.
CP2. Interpretar a información relevante utilizando as técnicas de análise e ferramentas dispoñibles para dar apoio á toma de decisións empresariais.
CP9. Abordar os problemas e retos dende diferentes perspectivas coa capacidade para adaptarse a situacións e realidades novas.Parte Expositiva:
A exposición dos temas propostos correrá a cargo do profesor nas sesións expositivas. Isto será acompañado por lecturas por parte dos alumnos de textos escollidos que fundamentarán ou complementarán ditas explicacións.
Parte Interactiva
Os alumnos terán que facer fronte a presentacións, lecturas de textos, debates, etc. Os estudantes terán acceso a unha aula virtual, no cal terán dispoñibles todas as tarefas xunto cunha documentación básica para poder realizala.
A participación e asistencia ás aulas interactivas é obrigatoria.A avaliación terá en conta todas as actividades desenvolvidas polo alumnado (realización de actividades prácticas individuais, participación en actividades colaborativas, exames, etc.)
Para superar a materia hai dúas oportunidades. O alumnado que non supere a materia na primera oportunidade terá dereito a unha segunda, que será a que figure no seu expediente académico no suposto de que a calificación obtida fose superior á da primeira oportunidade.
O sistema de avaliación en ambas oportunidades será o seguinte:
1. Avaliación continua: realización de actividades prácticas individuais, participación en actividades colaborativas, etc. Terá un peso do 40% na calificación final. As actividades avaliables estarán recollidas na aula virtual, xunto coa súa ponderación. Nesta parte avalíanse as seguintes competencias: C14, CP2, CP9
2. Examen final de contidos: proba de carácter obrigatorio na que se avaliarán os resultados da aprendizaxe. A proba pode basearse en preguntas tipo test, preguntas de razoamento e discusión e interpretación de datos e gráficas. Terá un peso do 60% na calificación final. Nesta parte avalíanse as seguintes competencias: c8, c12. Esta proba final terá carácter presencial, a celebrar na data hora fixada pola facultade.
Para poder engadir á nota da proba final de contidos a puntuación correspondente á avaliación continua, o alumnado deberá acadar unha nota mínima de 4 puntos sobre 10 no exame final de contidos, e ter participado, como mínimo, no 80% nas actividades propostas. Para superar a materia é preciso obter unha nota conxunta mínima de 5 puntos.
No caso de non superar a materia, a puntuación correspondente á avaliación continua non será gardada para cursos posteriores.
Os alumnos repetidores deberán asisitir tamén ás clases inetractivas, a excepción de que presenten unha exención de docencia
Dacordo coa Normativa de Permanencia vixente da USC para os estudos de grao e máster, a mera asistencia e/ou participación en calquera das actividades suxeitas a avaliación suporá que a nota final do alumnado sexa distinta de Non Presentado.
O alumnado ao que se lle teña concedida a dispensa de asistencia a clase será avaliado cun exame final específico, que suporá o 100% da cualificación final
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións” da USCACTIVIDADE PRESENCIAL. Horas.
Docencia expositiva 18
Docencia interactiva 30
Titorización en grupos reducidos 3
Avaliación 4
Total Actividades presenciais 55
ACTIVIDADES NOM PRESENCIAIS
Escritura de exercicios, conclusións ou outros traballos 15
Preparación de presentacións orais, debates ou similar 10
Estudo e traballo autónomo 70
Recollida de información 5
Total Actividades nom presenciais 100Nom existem prerrequisitos normativos.
Recomenda-se o seguimento continuado das aulas pressenciais, e o estudo da bibliografia básica (preferivelmente de forma prévia ao desenvolvimento de cada tema do programa).
Aconselha-se a consulta frequente das principais fontes estatísticas empregadas, assi como algúm dos principais jornais diários.
Lembra-se, e aconselha-se, a disponibilidade de serviço de tutorias para a resoluçom de qualquer tipo de dúvida ou problema que se pressente ao longo do curso.
-
Juan Alberto Turnes Abelenda
Coordinador/a- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Correo electrónico
- juanalberto.turnes@usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
-
1º semestre - Do 09 ao 15 de setembro Mércores 11:30-12:50 Grupo /CLE_01 Galego Aula 6 Exames 24.01.2025 09:00-12:00 Grupo /CLE_01 Aula 6 23.06.2025 09:00-12:00 Grupo /CLE_01 Aula 6