Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

Grao en Empresa e Tecnoloxía (2ª edición) Presencial

Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Ciencias Sociais e Xurídicas
Ámbito de coñecemento
Ciencias económicas, administración y dirección de empresas, márquetin, comercio, contabilidad y tur
Centro(s)
Facultade de Administración e Dirección de Empresas
Avda. Alfonso X O Sabio, s/n, 27002
Lugo
982824430 (Conserxaría)
982824403 (Decanato)
ade.decanato@usc.gal
Campus
Lugo

A presente proposta de Grao xorde da necesidade de adaptar á nova realidade e necesidades das organizacións a formación profesional e académica dos profesionais da administración e xestión de empresas. Cómpre profesionais que sexan capaces de xestionar a innovación tecnolóxica e poidan aplicar as solucións da tecnoloxía da información aos problemas das organizacións. De maneira que, ademais de coñeceren amplamente as diferentes áreas da empresa e a súa interrelación co contorno económico, o profesional debe ser capaz de incorporar e xestionar a tecnoloxía no ámbito da empresa, tanto na organización como nas súas estratexias de procura de competitividade.
A profunda transformación dixital que é necesario afrontar reviste unha importancia especial polo potencial efecto no investimento, no crecemento e na competitividade empresarial asociados ao uso destas tecnoloxías. A dixitalización da sociedade e da industria presenta retos e xera oportunidades para a industria que deberá adaptar os seus procesos, produtos e modelos de negocio. A competitividade do tecido produtivo e da economía depende en boa medida da capacidade das empresas para exploraren o potencial económico da tecnoloxía e competiren con éxito nun contorno dixital e global.

  • Duración: 4 anos académicos
    Código RUCT: 1500218
    Número de ECTS: 240
    Número prazas: 45

    Decano/a ou director/a do centro:
    ROBERTO BANDE RAMUDO
    roberto.bande@usc.es

    Coordinador-a do título:
    Ada Maria Perez Pico
    adamaria.perez@usc.es

    Linguas de uso:
    Castelán, Galego

    Nivel MECES: 2

    Universidade coordinadora:
    Universidade de Santiago de Compostela

    Universidade(s) participante(s):
    Universidade de Santiago de Compostela

    Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
    Orde do 15/07/2024 (DOG 24/07/2024)

    Data de publicación no BOE:
    17/12/2024

    Data da última acreditación:
    17/12/2019

  • O plan de estudos do Grao en Empresa e Tecnoloxía comprende 276 créditos ECTS, dos que o alumnado deberá cursar 240, distribuídos en 4 cursos de 60 créditos, que inclúen toda a formación teórica e práctica que o alumnado debe adquirir.
    • Formación básica: 60
    • Obrigatorias: 120
    • Optativas: 40,5
    • Prácticas Externas OB : 12
    • Traballo fin de Grao: 7,5
    o Total: 240

  • O plan de estudos organizouse en 5 módulos:
    • Módulo de formación Básica: 60 créditos, que se ofertan a través de 10 materias de 6 créditos cada unha na primeira metade do plan de estudos. Deles, 36 créditos vincúlanse ás materias básicas do ámbito de coñecemento Ciencias económicas, administración e dirección de empresas, marketin, comercio, contabilidade e turismo.
    • Materias de formación obrigatoria: 120 créditos correspondentes a materias obrigatorias que se distribúen ao longo de todo o Grao en función dos resultados do proceso de formación e aprendizaxe que debe adquirir o alumnado.
    • Módulo de formación Optativo: 40,5 créditos que se ofertan no último curso.
    • Módulo de Prácticas Externas.
    • Módulo de Traballo de Fin de Grao.
    O/A alumno/a ten a posibilidade de elixir entre dúas mencións:
    • Desenvolvemento Empresarial e Emprendemento.
    • Xestión da Información e da Tecnoloxía.
    O alumnado que non queira conseguir unha especialización determinada pode escoller entre as 17 materias optativas ofertadas.

  • O grao en Empresa e Tecnoloxía proporciona ao alumnado formación para:
    1. Coñecer os fundamentos da integración da tecnoloxía na xestión empresarial.
    2. Capacitar ao alumnado no manexo de ferramentas de cálculo e análise que permitan a compresión da contorna económica e social e o seu marco xurídico.
    3. Dotar ao alumnado de capacidade para a toma e execución de decisións nas áreas fundamentais da administración e dirección de empresas.
    4. Coñecer e ensinar a planificar e implantar solucións tecnolóxicas en diversos ámbitos da xestión empresarial.
    Obxectivos formativos das mencións
    A mención en Desenvolvemento Empresarial e Emprendemento ten como obxectivo capacitar ao alumnado na análise e desenvolvemento de novas oportunidades de negocio nun contexto global.
    A mención en Xestión da Información e a Tecnoloxía ten como obxectivo capacitar ao alumnado na aplicación de solucións tecnolóxicas avanzadas en diversos ámbitos da xestión empresarial.

  • Mobilidade

    A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa):
    https://www.usc.gal/gl/servizos/area/internacional

    Prácticas

    O alumnado do Grao deberá cursar obrigatoriamente 12 créditos de prácticas realizadas en empresas relacionadas coa titulación. Esta materia ofértase no último semestre. Estas prácticas poderán realizarse tanto de forma presencial como virtual en función da forma de organización do traballo da empresa.

  • O Traballo Fin de Grao son 7,5 créditos ofertados no último semestre. A temática do TFG estará relacionada coa mención que curse o alumnado, se opta por mención, ou cunha temática relacionada cos resultados do proceso de formación e aprendizaxe, se non realiza ningunha mención.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 30.07.2024.