-
Créditos ECTS
Créditos ECTS: 6Horas ECTS Criterios/Memorias
Traballo do Alumno/a ECTS: 95
Horas de Titorías: 5
Clase Expositiva: 35
Clase Interactiva: 15
Total: 150Linguas de uso
Castelán, GalegoTipo:
Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021Departamentos:
Ciencia Política e SocioloxíaÁreas:
Ciencia Política e da AdministraciónCentro
Facultade de DereitoConvocatoria:
Primeiro semestreDocencia:
Con docenciaMatrícula:
Matriculable -
Proporcionar ao alumnado as ferramentas e elementos esenciais para a análise e a defi-nición dos problemas públicos no marco do sistema político español, a toma de deci-sións e o deseño das políticas públicas, a súa implementación e a avaliación dos seus resultados.
Comprender o papel das políticas de seguridade no contexto do modelo de organización territorial autonómico
Coñecer as diferentes políticas públicas de seguridade, o seu deseño, implementación e a avaliación dos seus resultados.
Analizar as funcións do traballo da policía dentro do marco das políticas públicas de seguridade e o papel das policías autonómicas.
Recoñecer e valorizar a importancia da seguridade, das políticas institucionais deseñadas para o seu mantemento e das funcións desempeñadas polas FCS e FAS.Os contido básicos desgránanse non seguintes eixos.
O problema da seguridade pública
O sistema político español
Deseño, implementación e avaliación de políticas públicas
As políticas de seguridade dentro do sistema político español
Modelos e evolución das políticas de seguridade en España: o seu papel no modelo territorial autonómico
As novas formas de delincuencia e a ciberseguridade dentro da ENCAs referencias bibliográficas tanto básicas como complementarias serán referidas porlos doncentes tanto no aula física como no campus virtual.
BÁSICAS
Capacidade para colaborar cos demais e relacionarse, tanto con profesionais das diversas facetas da actividade criminolóxica, como dentro de equipos interdisciplinares e multiculturais
Capacidade para reflexionar de maneira crítica e construtiva e para argumentar e expresarse organizada e razoadamente
Capacidade para identificar e explicar problemas sociais complexos no ámbito da criminoloxía e para explicar estratexias adecuadas para resolvelos, traballando cunha perspectiva sistémica que faga posible a súa consideración analítica e sintética
Capacidade de análise e de síntese, para adquirir unha visión global dos problemas e para aplicar os coñecementos á práctica
Capacidade para tomar decisións e de adaptación a novas situacións
ESPECÍFICAS
Coñecemento das técnicas de investigación policial máis apropiadas desde o punto de vista da seguridade cidadá e dos dereitos fundamentais, tanto en relación á prevención do delito, como a súa persecución.
Coñecemento dos diferentes mecanismos de cooperación penal, tanto no plano universal, como no rexional europeo, para a persecución dos crimes internacionais e doutras formas de delincuencia transnacional.
Coñecer e comprender a diversidade de formas en que se constitúe, represéntase e trátase o delito e analizar criticamente as distintas respostas ao problema da criminalidade desde unha tripla perspectiva: explicativo-empírica, decisional e instrumental
Coñecer os procedementos de recollida de informaciónClases expositivas e interactivas combinando a explicación coa lectura comentada por parte do estudantado de textos referidos e casos prácticos.
Realización de traballos individuais ou colectivos titorizados polo profesor. O alumnado disporá das horas de titorías para consultar dúbidas e realizará unha exposición final dos seus traballos. Ademais fixaranse citas de titorías co fin de que o profesor poida realizar unha avaliación continuada do desenvolvemento dos traballos.1) Un exame final sobre o temario. Supoñerá un máximo do 70% da nota final.
2) os traballos realizados nos seminarios interactivos. Supoñerán un máximo do 20% da nota final
3) Asistencia e participación do alumno e alumna en clase, seminarios debate e titorías. Supoñerá un máximo do 10% da nota final.
O alumnado que teña recoñecida pola USC a exención de docencia nesta materia, deberá facer o exame final escrito nas mesmas condicións que os demais estudantes.
A parte da cualificación final correspondente aos puntos 2 e 3 da avaliación do alumnado asistente poderase obter mediante a realización dun traballo práctico sobre un tema da materia.
A efectos do previsto no artigo 5.2 da Normativa sobre permanencia nas titulacións de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela, nesta materia só se considera actividade académica avaliable o exame final, polo que aos alumnos que non concorran a ningunha das dúas oportunidades oficiais do mesmo faráselles constar na acta a mención de "Non presentado".
Os alumnos que teñan concedida exención de docencia poderán suplir a falta de asistencia e participación nas clases interactivas coa elaboración e presentación dunha memoria de prácticas de acordo coas instrucións que lles imparta o profesor nas correspondentes titorías.A asignación qiue se lle pode indicar a de é a seguinte:
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA:
-Clases expositiva
-Clases interactivas
-Titorías e traballos relacionados co obxecto de estudo:
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNADO
-Estudo individual: 50 h.
-Preparación de traballos e exposicións en grupo: 25 h.
-Realización de traballos individuais: 25 h.
-Outras tarefas: 5 h.Asistencia a clase regular, lectura regular de los textos sugeridos por el profesor a comienzo de curso . Consultar al profesor cualquier duda o propuesta de bibliografia.
-
Miguel Anxo Bastos Boubeta
Coordinador/a- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Ciencia Política e da Administración
- Teléfono
- 881815167
- Correo electrónico
- miguelanxo.bastos@usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Alfonso Antonio Lopez Rodriguez
- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Ciencia Política e da Administración
- Correo electrónico
- alfonsoantonio.lopez@usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Jesus Manuel Benitez Baleato
- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Ciencia Política e da Administración
- Correo electrónico
- jesusmanuel.benitez.baleato@usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
-
1º semestre - Do 09 ao 15 de setembro Luns 18:00-20:00 Grupo clases expositivas Galego Aula 17 Martes 18:00-20:00 Grupo clases expositivas Galego Aula 17 Exames 14.01.2025 16:00-18:00 Grupo clases expositivas Salón de Actos 18.06.2025 16:00-18:00 Grupo clases expositivas Aula 5