Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

Grao en Criminoloxía

Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Ciencias Sociais e Xurídicas
Ámbito de coñecemento
Interdisciplinar.
Centro(s)
Facultade de Dereito
Avda. Dr. Ángel Echeverri, s/n, 15782
Santiago de Compostela
881814626 (Conserxaría)
881814658 (Decanato)
dereito.decanato@usc.gal
Campus
Santiago de Compostela
un estudante

A titulación en criminoloxía asegura que os seus graduados teñan a capacidade de realizar un estudo multidisciplinar do fenómeno criminal, realizando unha análise global e efectiva do delito.

  • Duración: 4 anos académicos
    Código RUCT: 2503038
    Número prazas: 50

    Decano/a ou director/a do centro:
    ANA MARIA GUDE FERNANDEZ

    Coordinador-a do título:
    Santiago Bernardo Brage Cendan
    santiago.brage@usc.es

    Linguas de uso:
    Castelán, Galego

    Nivel MECES: 2

    Universidade coordinadora:
    Universidade de Santiago de Compostela

    Universidade(s) participante(s):
    Universidade de Santiago de Compostela

    Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
    Orde do 13/06/2018 (DOG do 29/06/2018)

    Data de publicación no BOE:
    26/12/2018 (corrección de erros do 7/05/2021)

    Data da última acreditación:
    12/12/2024

    Desde o punto de vista formativo, a titulación en criminoloxía asegura que os seus graduados teñan a capacidade de realizar un estudo multidisciplinar do fenómeno criminal, realizando unha análise global e efectiva do delito, dando unha visión complexa e completa das súas causas e os seus efectos. Deste xeito poderá traballar pola prevención do fenómeno criminal, articulando tratamentos efectivos fronte ao delito e atendendo as vítimas dunha forma satisfactoria.

  • Non se contemplan itinerarios nin mencións para esta titulación.

  • A Facultade de Dereito dispón de conta con 11 aulas de propósito xeral, 9 aulas de seminario, 4 aulas de informática, e 2 salas habilitadas como aulas de idiomas.

    Entre os espazos habilitados para o alumnado, conta cunha sala de lectura con máis de 200 postos.

    Tamén hai que destacar que desde calquera punto da Facultade é posible a conexión sen fíos a Internet.

    A Biblioteca “Concepción Arenal”, que da servizo a Ciencia Política, Dereito e Relacións Laborais, atópase nun edificio anexo á Facultade, e conta con máis de 900 postos de lectura.

  • Esta formación multidisciplinar do criminólogo permítelle intervir tanto nas esferas de prevención da delincuencia como de reacción fronte ao delito, polo que o seu campo profesional é extenso, indo da administración de xustiza, ata a seguridade pública ou privada, pasando polo terceiro sector e a atención a vítimas.

  • Mobilidade

    A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa):

    Portal Internacional

    Prácticas

    O plan de estudos do grao en criminoloxía contempla a realización dun Practicum obrigatorio de 16,5 créditos. O obxectivo fundamental é que o alumnado desenvolva as competencias adquiridas en materias do grao a través da súa inmersión nun contorno laboral representativo do seu contexto profesional futuro.

    Para poder formalizar a matrícula no Practicum, os alumos deberán ter superadas as seguintes materias:

    -Todas as materias de primeiro e segundo curso.

    -As seguintes materias de terceiro curso:
    G3191321 Delincuencia e xustiza xuvenil
    G3191323 Penoloxía e ciencia penitenciaria
    G3191326 Psicoloxía criminal II
    G3191327 Avaliación e tratamento do delincuente
    G3191330 Proceso penal
    G3191331 Psiquiatría forense
    G3191332 Vitimoloxía

    -A seguinte materia de cuarto curso:
    G3191422 Medicina legal e criminalística

    Os procedementos para a realización do practicum axústanse á normativa que a este respecto ten a USC, aprobada en Consello de Goberno (29/07/2015)3 e ao do Sistema de Garantía de Calidade da facultade de Dereito. Organizaranse e administrarán, co fin de garantir a calidade, o recoñecemento académico e o aproveitamento máis adecuado por parte do alumnado. Para iso, o alumnado terá un/a titor/a externo/a, pertencente á institución en que se leve a cabo as prácticas, que se coordinará cun/a titor/a académico/a que realizará a avaliación en función da memoria que o alumnado debe realizar e do informe emitido polo/a titor/a externo/a.

    Poderán realizarse en organismos ou entidades colaboradoras, tales como empresas, entidades públicas e privadas relacionadas co ámbito da criminoloxía nun sentido amplo. Na actualidade, a Facultade de Dereito ten convenios de prácticas activos con numerosas empresas e institucións que son susceptibles, polos seus obxectivos e contidos, de ser ampliados e ofertados aos alumnos da propia facultade no futuro grao en criminoloxía.

  • Os alumnos deberán realizar un traballo no que demostren as competencias adquiridas ao longo da titulación. A facultade, por proposta do coordinador do programa, fará cada curso unha oferta de traballos, tendo en conta os contidos formativos incluídos no plan de estudos, e de titores. Os alumnos seleccionarán o tema do traballo dentro desa oferta e o titor ou titores serán designados a cada alumno en función do contido do traballo e da capacidade docente do profesorado. A avaliación levarase a cabo sobre a base dun informe de valoración emitido polo titor. Para poder matricularse do traballo de fin de grado, os alumnos deberán ter superados 150 ECTS da titulación, entre eles todos os de formación básica.

  • Organizarase un curso ponte ou de adaptación para que os titulados de Graduado en Ciencias Criminolóxicas e da Seguridade Pública como do Diploma Superior en Criminoloxía (ambos co mesmo plan de estudos) poidan acceder ao Grao en Criminoloxía.

    Recoñecerase a totalidade dos créditos cursados neses títulos propios (184 créditos).

    O curso ponte constará de 73,5 créditos, que poderán realizar nun único curso académico.

    As materias que o compoñen son as seguintes:

    • Historia política e social contemporánea
    • Fundamentos de informática
    • Inglés para criminólogos
    • Intervención psicoeducativa na delincuencia
    • Predición e prevención da delincuencia
    • Delincuencia e xustiza xuvenil
    • Política criminal
    • Sistema político e políticas públicas de seguridade en España
    • Avaliación e tratamento do delincuente
    • Mediación penal e resolución de conflitos
    • Vitimoloxía
    • Psicoloxía xurídica e forense
    • Traballo fin de grao

    Nota: os alumnos que non teñan rematado os estudos da titulación propia e desexen acceder ao grao deberán facelo polo proceso ordinario de preinscrición a través da CIUG; unha vez admitidos poderán solicitar os recoñecementos correspondentes.

  • Profesorado
    Miguel Abel Souto
    Carlos Antonio J Allones Perez
    Jose Maria Alonso Moral
    Cristina Alonso Salgado
    Ramón Arce Fernández
    Manuel Arrojo Romero
    Miguel Anxo Bastos Boubeta
    Jesus Manuel Benitez Baleato
    Ana Maria Bermejo Barrera
    Santiago Bernardo Brage Cendan
    Antia Brañas Gonzalez
    Jose Caamaño Alegre
    Miguel Cabo Villaverde
    Jose Manuel Carnota Garcia
    Angel Maria Carracedo Alvarez
    Maria Castro Corredoira
    Paloma Castro Martinez
    Maria De Los Angeles Catalina Benavente
    Blanca Cea Rios
    Beatriz Diaz Vazquez
    Ignacio Elpidio Dominguez Ruiz
    Francisco Jose Esmoris Arranz
    Francisco Jesus Ferreiro Seoane
    Xosé Antón Gomez Fraguela
    Sara González Bernárdez
    Ana Maria Gude Fernandez
    Margarita Guillen Vazquez
    Gumersindo Guinarte Cabada
    Francisco Eduardo Haz Gomez
    Juan Jose Labora Gonzalez
    Maria Victoria Lareu Huidobro
    Maria Begoña Lopez Portas
    Alfonso Antonio Lopez Rodriguez
    Carlos Lubian Graña
    Sabela Carme Mallo López
    Luis Miguez Macho
    Carmen Montero Ferrer
    Alvaro Montes Campos
    Jose Ignacio Muñoz Barus
    Mercedes Novo Pérez
    Pedro Ortego Gil
    Angel Manuel Pantin Reigada
    Natalia Perez Rivas
    Eduardo Picon Prado
    Jose Eulogio Real Deus
    Antonio Rial Boubeta
    Andrea Rivas Fiel
    Jose Manuel Rivera Otero
    Ana Rodriguez Alvarez
    Maria Sol Rodriguez Calvo
    Antonio Salas Ellacuriaga
    Inés Sánchez Sellero
    Vicente Antonio Sanjurjo Rivo
    María Dolores Seijo Martínez
    Javier Seijo Villamizar
    Jorge Sobral Fernández
    David Soto Fernandez
    Angela Juana Torres Iglesias
    Maria Inmaculada Valeije Alvarez
    Almudena Valiño Ces
    Bernardino Varela Gomez
    Fernando Antonio Vazquez-Portomeñe Seijas
    Francisco Javier Vicente Alba
    Manuel Vilariño Vazquez
    Alejandro Villanueva Turnes
Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.04.2024.