Con 01 - Identificar, deseñar, obter, analizar, controlar e producir fármacos e medicamentos, así como outros produtos e materias primas de interese sanitario de uso humano ou veterinario.
Con 02 - Avaliar os efectos terapéuticos e tóxicos de substancias con actividade farmacolóxica.
Con 03 - Saber aplicar o método científico e adquirir habilidades no manexo da lexislación, fontes de información, bibliografía, elaboración de protocolos e demais aspectos que se consideran necesarios para o deseño e avaliación crítica de ensaios preclínicos e clínicos.
Con 04 - Deseñar, preparar, fornecer e dispensar medicamentos e outros produtos de interese sanitario.
Con 05 - Prestar consello terapéutico en farmacoterapia e dietoterapia, así como no ámbito nutricional e alimentario nos establecementos nos que presten servizos.
Con 06 - Promover o uso racional dos medicamentos e produtos sanitarios, así como adquirir coñecementos básicos en xestión clínica, economía da saúde e uso eficiente dos recursos sanitarios.
Con 07 - Identificar, avaliar e valorar os problemas relacionados con fármacos e medicamentos, así como participar nas actividades de farmacovixiancia.
Con 08 - Levar a cabo as actividades de farmacia clínica e social, seguindo o ciclo de atención farmacéutica.
Con 09 - Coñecer os principios éticos e deontolóxicos segundo as disposicións lexislativas, regulamentarias e administrativas que rexen o exercicio profesional, comprendendo as implicacións éticas da saúde nun contexto social en transformación.
Con 10 - Recoñecer as propias limitacións e a necesidade de manter e actualizar a competencia profesional, prestando especial importancia á autoaprendizaxe de novos coñecementos baseándose na evidencia científica dispoñible.
Con 11. - Identificar, deseñar, obter, analizar e producir principios activos, fármacos e outros produtos e materiais de interese sanitario.
Con 12 - Coñecer as características físico-químicas das substancias utilizadas para a fabricación dos medicamentos.
Con 13. - Coñecer e comprender as características das reaccións en disolución, os diferentes estados da materia e os principios da termodinámica e a súa aplicación ás ciencias farmacéuticas.
Con 14. - Coñecer e comprender as propiedades características dos elementos e os seus compostos, así como a súa aplicación no ámbito farmacéutico.
Con 15. - Coñecer e comprender a natureza e comportamento dos grupos funcionais en moléculas orgánicas.
Con 16. - Coñecer a orixe, natureza, deseño, obtención, análise e control de medicamentos e produtos sanitarios.
Con 17. - Coñecer os principios e procedementos para a determinación analítica de compostos: técnicas analíticas aplicadas á análise de auga, alimentos e medio ambiente.
Con 18. - Coñecer e aplicar as técnicas principais de investigación estrutural incluíndo a espectroscopía.
Con 19 - Aplicar os coñecementos de Física e Matemáticas ás ciencias farmacéuticas.
Con 20. - Aplicar técnicas computacionais e de procesamento de datos, en relación con información referente a datos físicos, químicos e biolóxicos.
Con 21. - Coñecer as estruturas das biomoléculas e as súas transformacións na célula.
Con 22. - Coñecer e comprender o control microbiolóxico dos medicamentos.
Con 23. - Coñecer as propiedades das membranas celulares e a distribución de fármacos.
Con 24. - Coñecer a natureza e comportamento de axentes infecciosos.
Con 25. - Coñecer os principais rutas metabólicas que interveñen na degradación de fármacos.
Con 26. - Coñecer as plantas medicinais: diversidade botánica, fisioloxía, uso e xestión.
Con 27. - Coñecer os procesos de liberación, absorción, distribución, metabolismo e excreción de fármacos, e factores que condicionan a absorción e disposición en función das súas vías de administración.
Con 28. - Programar e corrixir a posoloxía dos medicamentos en base aos seus parámetros farmacocinéticos.
Con 29. - Coñecer as propiedades físicoquímicas e biofarmacéuticas dos principios activos e excipientes así como as posibles interaccións entre ambos.
Con 30. - Coñecer a estabilidade dos principios activos e formas farmacéuticas así como os métodos de estudo.
Con 31. - Coñecer as operacións básicas e procesos tecnolóxicos relacionados coa elaboración e control de medicamentos.
Con 32. - Determinación da biodisponibilidade, avaliación da bioequivalencia e factores que as condicionan.
Con 33. - Utilizar de forma segura os medicamentos considerando as súas propiedades físicas e químicas incluíndo calquera risco asociado ao seu uso.
Con 34. - Coñecer e comprender os fundamentos básicos das análises clínicas e as características e contidos dos ditames do diagnóstico de laboratorio.
Con 35. - Avaliar os efectos de substancias con actividade farmacolóxica.
Con 36. - Coñecer e comprender as técnicas utilizadas no deseño e avaliación dos ensaios preclínicos e clínicos.
Con 37. - Levar a cabo as actividades de farmacia clínica e social, seguindo o ciclo de atención farmacéutica.
Con 38. - Comprender a relación existente entre alimentación e saúde, e a importancia da dieta no tratamento e prevención das enfermidades.
Con 39. - Coñecer e comprender a xestión e características propias da asistencia farmacéutica nas Estruturas Asistenciais de Atención Primaria e de Atención Especializada no Sistema Sanitario.
Con 40. - Coñecer e comprender a estrutura e función do corpo humano, así como os mecanismos xerais da enfermidade, alteracións moleculares, estruturais e funcionais, expresión sindrómica e ferramentas terapéuticas para restaurar a saúde.
Con 41. - Coñecer a Natureza, mecanismo de acción e efecto dos tóxicos, así como os recursos en caso de intoxicación.
Con 42. - Coñecer as Técnicas analíticas relacionadas co diagnóstico de laboratorio, tóxicos, alimentos e medio ambiente.
Con 43. - Coñecer e comprender a xestión e características propias da asistencia farmacéutica no ámbito oficinal e da industria farmacéutica.
Con 44. - Coñecer os fundamentos da saúde pública e intervir nas actividades de promoción da saúde, prevención da enfermidade nos ámbitos individual e colectivo e contribuír á educación sanitaria, recoñecendo os determinantes de saúde na poboación, tanto os xenéticos como os dependentes do sexo e estilo de vida, demográficos, ambientais, sociais, económicos, psicolóxicos e culturais.
Con 45. - Coñecer, comprender e aplicar as condicións legais, sociais e económicas relacionadas co ámbito sanitario e en particular co medicamento.
Con 46. - Dominar técnicas de recuperación de información relativas a fontes de información primarias e secundarias (incluíndo bases de datos co uso de computador).
Con 47. - Coñecer os principios éticos e deontolóxicos e actuar segundo as disposicións lexislativas, regulamentarias e administrativas que rexen o exercicio profesional colaborando con outros profesionais da saúde e adquirindo habilidades de traballo en equipo.
Con 48. - Coñecer e aplicar técnicas de xestión en todos os aspectos das actividades farmacéuticas.
Con 49. - Coñecer os principios e a metodoloxía científica aplicada ás ciencias farmacéuticas, incluíndo a historia e función social da Farmacia.
Con 50. - Coñecementos básicos do Sistema Nacional de Saúde, da lexislación sanitaria en xeral e especificamente a relacionada cos medicamentos, produtos sanitarios e asistencia farmacéutica.
Con 51. - Coñecer as técnicas de comunicación oral e escrita adquirindo habilidades que permitan informar os usuarios dos establecementos farmacéuticos en termos inteligibles e adecuados aos diversos niveis culturais e contornas sociais.
Con 52. - Coñecer o funcionamento e xestión dun servizo de farmacia hospitalaria ou de atención primaria, incluído o persoal adscrito aos mesmos.