Enquisa Programa A Ponte
Enquisa dirixida ao estudantado de primeiro do Grao en Veterinaria sobre os motivos polos que escolleron a USC e o grao que estudan.
O Programa A Ponte elaborou unha enquisa dirixida ao estudantado de primeiro de grao sobre os motivos polos que escolleron a USC e o grao que estudan, coa finalidade de coñecer o impacto das actividades do programa.
O prazo para cubrir esta enquisa, completamente anónima, remata o 4 de decembro.
Pódese acceder á enquisa a través da seguinte ligazón https://forms.office.com/e/tzRgwjaQCx ou escaneando o QR da imaxe.