Acceso
Para acceder aos ensinos oficiais de Máster será necesario estar en posesión de:
A.1. Un título universitario oficial español.
A.2. Un título expedido por unha institución de educación superior pertencente a outro Estado integrante do Espazo Europeo de Educación Superior que faculte no mesmo para o acceso a ensinos de Máster.
A.3. Un título pertencente a un sistema educativo alleo ao Espazo Europeo de Educación, previa comprobación pola Universidade de que o citado título acredita un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios oficiais españois e faculta no país expedidor do título para o acceso a ensinos de posgrao.
A.4. Un título superior das Ensinanzas Artísticas Superiores do sistema educativo español.
Admisión
Modalidade: criterios xerais
Titulacións de Acceso por orde de preferencia:
1º Lic. o Grao en Bioloxía, Bioquímica, Biotecnoloxía, Ciencias Ambientais, Ciencias do Mar, Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos, Enxeñaría Agrícola, Enxeñaría Biomédica, Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria, Enxeñaría Forestal e do Medio Natural, Farmacia, Medicina, Nutrición Humana e Dietética, Psicología, Química, e Veterinaria.
2º Titulacións das ramas de Ciencias, Ciencias da Saúde e Enxeñaría e Arquitectura
Os alumnos procedentes de países de lingua diferente ao galego, portugués ou español deberán acreditar o nivel de lingua galega Celga II, ou española B1, consonte o Acordo do Consello de Goberno da USC do 30 de xullo de 2018.
De non posuíren algún dos títulos, a USC realizaralles unha proba de nivel e, de non superala, deberán asistir a un curso intensivo de galego ou español no primeiro semestre até acadaren o nivel requirido.
No caso de unha das universidades non cubrir toda a oferta, as prazas vacantes poderán acumularse na outra
Información actualizada en cada convocatoria de matrícula