Ir o contido principal

Prácticas de Grao e Máster

As prácticas académicas externas son unha actividade formativa realizada polos estudantes universitarios e supervisada pola USC que ten por obxectivo permitirlles aplicar e complementar os coñecementos adquiridos na súa formación académica.

Grao en Xestión Cultural: O plan de estudos do Grao en Xestión Cultural contempla a realización de prácticas externas no primeiro semestre do último curso cunha extensión de 6 ECTS. O obxectivo fundamental é ofrecer ao estudante a oportunidade de efectuar unha inmersión no mundo profesional e, así mesmo, de aplicar de maneira integrada e consolidar o conxunto de coñecementos, habilidades e competencias que adquiriu ao longo do proceso formativo.

Máster U. en Servizos Culturais: O plan de estudos do Máster Universitario en Servizos Culturais contempla a realización de prácticas externas optativas no segundo semestre do curso cunha extensión de 6 ECTS.

Esta materia optativa forma parte do Módulo 6 do máster, pode ser cursada polo estudantado das dúas especialidades, (1. Políticas Culturais Contemporáneas/ 2. Industrias Culturais). Neste caso o lugar de prácticas estará asociado á especialidade elixida. O estudantado que non elixa especialidade, tamén poderá cursala. Neste caso non haberá restrición temática e polo tanto poderá acceder a calquera das empresas/institucións que figuren no convenio de colaboración.

O obxectivo fundamental é ofrecer ao estudante a oportunidade de efectuar unha inmersión no mundo profesional e, así mesmo, de aplicar de maneira integrada e consolidar o conxunto de coñecementos, habilidades e competencias que adquiriu ao longo do proceso formativo.

Prácticas externas. Grao en Xestión Cultural (modalidades presencial e virtual)

Prácticas externas. Máster Universitario en Servizos Culturais

Os contidos desta páxina actualizáronse o 15.12.2025.