Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

Grao en Xestión Cultural (2ª edición) Presencial

Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Artes e Humanidades
Ámbito de coñecemento
Historia, arqueología, geografía, filosofía y humanidades.
Centro(s)
Facultade de Humanidades
Complexo docente do Campus de Lugo, 27002
Lugo
982824700 (Conserxaría)
982824703 (Decanato)
fhdeca@usc.gal
Campus
Lugo

Dentro do ensino universitario en España, a formación en xestión cultural atopou o seu lugar ao longo dos anos tanto en forma de licenciaturas e graos, adaptados ao recente EEES, como sobre todo en mestrados. Na actualidade podemos atopar unha oferta crecente, tanto baixo a denominación específica de “Xestión Cultural” como baixo outras denominaciones máis específicas, o que vén confirmar que a xestión cultural é unha opción moi demandada entre as universidades españolas que a ofertan.
Ademais establécese con claridade a escala profesional dentro do sector, diferenciando catro niveles con vistas a unha RPT dentro da Administración Pública, sinalando nos tres primeiros postos a categoría profesional de “xestor cultural”. En efecto, a inmensa maioría das convocatorias públicas de emprego de xestor/a cultural insisten unha e outra vez, como un requisito indispensábel, estar en posesión dun título universitario en xestión cultural.
Por outro lado, a implantación deste título na USC ten un carácter exclusivo e estratéxico dentro do seu ámbito territorial de influencia. Pois o cuadrante noroccidental da península ibérica non conta con oferta de graos en Xestión Cultural. Ademais, o feito de se oferecer en modalidade presencial e virtual pode resultar moi atractivo, porque abriría a posibilidade de captar alumnado doutras comunidades autónomas onde non existe este tipo de estudos e permitiría poder compaxinar a actividade profesional coa formativa a aqueles xestores culturais en activo que desexen conseguir unha titulación académica que lles sirva de aval para a súa carreira e promoción profesional.

  • Duración: 4 anos académicos
    Código RUCT: 2504332
    Número de ECTS: 240
    Número prazas: 25

    Decano/a ou director/a do centro:
    GONZALO FRANCISCO FERNANDEZ SUAREZ
    gonzalofrancisco.fernandez@usc.es

    Coordinador-a do título:
    Miguel González Pereira
    miguel.gonzalez.pereira@usc.es

    Linguas de uso:
    Castelán, Galego

    Nivel MECES: 2

    Universidade coordinadora:
    Universidade de Santiago de Compostela

    Universidade(s) participante(s):
    Universidade de Santiago de Compostela

    Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
    Orde do 8 de xullo de 2021 (DOG 16/07/21)

    Data de publicación no BOE:
    17/12/2024

    Data da última acreditación:
    09/07/2024

  • O plan de estudos organizarase en catro cursos de 60 ECTS cada un, o que resulta en 240 ECTS que debe cursar o alumnado en total para completar o Grao.
    • Formación básica: 60
    • Obrigatorias: 132
    • Optativas: 36
    • Prácticas Externas OB : 6
    • Traballo fin de Grao: 6
    o Total: 240

  • El plan de estudios estrutúrase nos seguintes módulos:
    • Formación Básica
    • Obrigatorio
    • Optativos
    • Prácticas externas e TFG

  • • O/A estudante (re)coñecerá a riqueza e diversidade do patrimonio cultural, tanto material como inmaterial, e a súa importancia para o desenvolvemento sostible do territorio e da sociedade.
    • O/A estudante entenderá a importancia da xestión cultural para a posta en valor do patrimonio cultural de calquera comunidade humana e para o deseño de políticas culturais que fomenten o desenvolvemento de novas propostas de intervención cultural.
    • O/A estudante comprenderá os fitos principais e as tendencias de pensamento máis destacadas que lle permitirán unha adecuada contextualización histórica da evolución dos fenómenos culturais.
    • O/A estudante tomará conciencia da diversidade cultural como fonte de riqueza e comprometerase co respecto e o fomento da diversidade en todas as dimensións da cultura.
    • O/A estudante adquirirá os coñecementos, destrezas e competencias que lle permitirán elaborar e avaliar proxectos culturais desde institucións públicas e privadas.
    • O/A estudante coñecerá os fundamentos económicos e legais necesarios para o deseño de proxectos nos distintos sectores da intervención cultural.
    • O/A estudante comprenderá a importancia da difusión dos produtos culturais a través de soportes dixitais, para o que se familiarizará cos recursos para a dixitalización de contidos culturais e con estratexias eficaces para captar audiencias e transmitir produtos culturais a través de internet.
    • O/A estudante será capaz de elaborar textos que permitan unha comunicación eficaz tanto en linguas ambientais como internacionais.

  • Mobilidade

    A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa):
    https://www.usc.gal/gl/servizos/area/internacional
    A mobilidade dos estudantes (tanto de acollida como cara outras universidades) axustarase á docencia de modalidade presencial.

    Prácticas

    O plan de estudos do Grao en Xestión Cultural contempla a realización de prácticas externas no primeiro semestre do último curso cunha extensión de 6 ECTS.
    As prácticas externas planifícanse anualmente e poderán realizarse na propia universidade ou entidades colaboradoras, tales como, empresas, institucións e entidades públicas e privadas, relacionadas co ámbito da xestión cultural tanto nacionais como internacionais, ofrecendo aos estudantes a posibilidade de realizar prácticas formativas en países europeos participantes no programa Erasmus+ co obxectivo de contribuír a que os estudantes se adapten ás esixencias do mercado laboral a nivel europeo e desenvolva competencias de tipo lingüístico, cultural e profesional. Durante unha estancia no exterior baixo un programa de mobilidade, a docencia que recibe o alumnado pode ser nunha modalidade diferente a aquela na que se imparte a titulación
    As prácticas académicas externas serán, en principio, presenciais, con todo, poderán adaptarse ás características da actividade profesional que realicen as empresas e poderán realizarse nunha modalidade (presencial, híbrida ou virtual) diferente a aquela na que se imparte a titulación.

  • O TFG consiste na elaboración por parte do ou da estudante dun proxecto ou estudo que se realizará individualmente baixo a orientación dun titor e que lle permitirá mostrar de forma integrada as competencias e coñecementos adquiridos no Grao
    O plan de estudos do Grao en Xestión Cultural contempla a realización do TFG no segundo semestre do último curso cunha extensión de 6 ECTS.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 31.07.2024.