Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

Calidade

O Sistema de Garantía Interna de Calidade (SGIC) marco da USC está deseñado seguindo o modelo das axencias de calidade nacional e autonómica, ANECA e ACSUG, e está articulado en 9 criterios e 46 directrices englobados en 5 eixes, que se corresponden cos programas elaborados polas axencias a estes efectos, denominados AUDIT e FIDES.

A USC aprobou o primeiro SGIC marco en decembro de 2009, e a Comisión de Calidade e Planificación Delegada do Consello de Goberno, na sesión que celebrou o 31 de maio de 2013, aprobou unha revisión, na que se recolleu unha simplificación e revisión global do sistema.

Os documentos que configuran o SGIC marco revisado da USC son o Manual extenso do SGIC marco, o Manual simplificado do SGIC da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais e o Manual de procesos e procedementos.

O noso centro adaptou o manual simplificado ás nosas particularidades, que foi aprobado na Xunta de Goberno da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais o 12 de maio de 2015 e pola Comisión de Calidade Delegada do Consello de Goberno na sesión do 12 de xuño de 2015.

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 11.02.2021.