Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

Grao en Ciencia Política e da Administración

Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Ciencias Sociais e Xurídicas
Ámbito de coñecemento
Ciencias sociales, trabajo social, relaciones laborales y recursos humanos, sociología, ciencia polí
Centro(s)
Facultade de Ciencias Políticas e Sociais
Avda. Dr. Ángel Echeverri, s/n, 15782
Santiago de Compostela
881815125 (Conserxaría)
881815128 (Decanato)
politicas.decanato@usc.gal
Campus
Santiago de Compostela

O traballo da ciencia política céntrase no estudo especializado relativo ás institucións das sociedades, así mesmo atende as esixencias da cultura e da gobernabilidade. Existen novos mercados que se abren co desenvolvemento das administracións locais e autonómicas, da consultoría, da xestión da participación cidadá ou das ONGs.

  • Duración: 4 anos académicos
    Código RUCT: 2500193
    Número prazas: 125

    Decano/a ou director/a do centro:
    RAMON ANGEL BOUZAS LORENZO
    ramon.bouzas@usc.es

    Coordinador-a do título:
    Celestino García Arias
    celestino.garcia@usc.es

    Linguas de uso:
    Castelán, Galego

    Nivel MECES: 2

    Universidade coordinadora:
    Universidade de Santiago de Compostela

    Universidade(s) participante(s):
    Universidade de Santiago de Compostela

    Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
    30/08/2008

    Data de publicación no BOE:
    16/02/2009. Mod. 6/11/2017 (Correc. erros da mod. 16/02/2018)

    Data da última acreditación:
    18/01/2023

    A demanda social de destrezas como as adquiridas polos graduados/as en ciencia política e da administración é cada día máis intensa. Coñecementos e habilidades como os relativos á toma de decisións, á recolleita e a análise cuantitativa e cualitativa de datos e información, a xestión de recursos humanos, a avaliación de programas e políticas ou a xestión de crise capacitan aos profesionais da disciplina para dar resposta a desafíos económicos, sociais e políticos que esixen respostas flexibles e innovadoras.

  • Non se contempla

  • Non se contemplan

  • O centro conta con 8 aulas de docencia con capacidade para máis de 100 persoas cada unha, e 6 seminarios con capacidade para 45 persoas cada un. Ademais, dispón dunha aula de informática, así como laboratorio e 4 espazos de traballo grupal que complementan o equipamento para a docencia.

    Entre os espazos habilitados para o alumnado, conta cunha aula de informática de acceso libre, dotada con ordenadores, e unha sala de lectura con máis de 130 postos.

    Tamén hai que destacar que desde calquera punto da Facultade é posible a conexión sen fíos a Internet.

    A Biblioteca Intercentros “Concepción Arenal”, que da servizo ás facultade de Ciencia Política e Sociais, Dereito e Relacións Laborais, está situada nun edificio próximo á Facultade, e conta con 1.030 postos de lectura.

  • 1. Espertar nos estudantes o interese pola aprendizaxe dos conceptos, métodos e técnicas fundamentais da Ciencia Política e da Xestión Pública.
    2. Coñecer a natureza e os principais métodos aplicables ao obxecto do estudo das diferentes disciplinas, dende a perspectiva histórica da súa xénese e desenvolvemento.
    3. Situar as disciplinas da Ciencia Política e da Xestión Pública como parte das Ciencias Sociais.
    4. Proporcionar unha formación sólida e autónoma en Ciencia Política e da Administración.
    5. Conciliar a formación sólida nos fundamentos das ciencias sociais coas habilidades necesarias para a aplicación destes coñecementos á práctica profesional
    6. Xerar mediante o seu estudo a capacidade crítica de análise que lle permita avaliar e deseñar alternativas en ámbitos institucionais, de políticas públicas e de xestión.
    7. Capacitar ao estudante para aprender con autonomía e para a elaboración de respostas propias aos problemas obxecto de estudo.

  • Mobilidade

    A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa):

    Portal Internacional

    Prácticas

    De carácter obrigatorio e 28 ECTS. Para o seu desenvolvemento a Facultade asinou un importante número de convenios con empresas persoais e administracións públicas que garantirán a súa realización. As prácticas estarán titorizadas por profesorado do centro e polas empresas ou administracións nas que se realicen.

  • 14 créditos ECTS de carácter obrigatorio que consistirá nun traballo individual realizado polo estudante titorizado por un profesor que se deberá defender de forma pública e mediante o que o estudante poderá amosar as competencias adquiridas Co Grao de Ciencias Políticas e da Administración. Este traballo deberá permitirlle ao estudante o desenvolvemento das capacidades de escritura, análise e exposición pública, fundamentais para o perfil profesional do grao.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.07.2023.