Ir o contido principal

Recoñecemento de créditos

As titulacións impartidas na Facultade de Administración e Dirección de Empresas permiten o recoñecemento de créditos por estudos previos, por experiencia profesional e laboral, así como pola participación en actividades universitarias ou naquelas outras que permitan adquirir competencias transversais

A normativa aplicable ao recoñecemento de créditos na USC é a establecida no Regulamento en materia de recoñecemento e transferencia de créditos para os estudos oficiais de grao e máster, aprobado polo Consello de Goberno o 24 de xullo de 2024.

Complétase este marco normativo coas Resolucións Reitorais do 5 e do 17 de febreiro de 2025. A primeira delas relativa ao recoñecemento de actividades e á súa equivalencia en créditos, e a segunda na que se incorpora a posibilidade de solicitar unha consulta previa do expediente para os efectos de información sobre as materias recoñecibles nunha determinada titulación.

Táboas de recoñecementos para as titulacións de grao da Facultade

Os contidos desta páxina actualizáronse o 04.12.2025.