Preguntas frecuentes
Presentámosvos unha recompilación das dúbidas que con máis frecuencia nos trasladades nas vosas comunicacións coa Escola e os programas. Están organizadas en sete bloques temáticos que refiren tanto á normativa pola que se rexen os estudos de doutoramento, como a propia organización da Escola ou a cuestións concretas dos diferentes procedementos administrativos e académicos que como doutorandos/as debedes realizar.
Que é a EDIUS?
Somos o centro que coordina as ensinanzas de doutoramento da USC, e rexémonos por un Regulamento de Réxime Interno e polo Regulamento de Estudos de Doutoramento, ambas normas oficiais aprobadas en Consello de Goberno e dispoñibles no arquivo da páxina web institucional
>EDIUS>Arquivo
Como me comunico con vós?
A páxina web e mais o Boletín electrónico nEDIUS, son as dúas canles de información oficial para todo o relacionado cos teus estudos de doutoramento. Agora ben, para resolver consultas específicas escribe aos enderezos seguintes, en función do tema das mesmas:
- Para todo o relacionado coas actividades formativas edius.formacion@usc.es
- Para as preguntas relativas ás teses de doutoramento edius.teses@usc.es
- Para cuestións relacionadas cos procesos de admisión e matrícula, baixas, dedicación, prórrogas e permanencia diríxete a doutoramento@usc.es
- As dúbidas relativas ao Plan de investigación e aos informes anuais poderán ser resoltas en edius@usc.es
Para todo o demais, mándanos un email ao correo xenérico da EDIUS edius@usc.es
Onde atopo a documentación actualizada que preciso ao longo do meu doutoramento?
Toda a documentación administrativa e normativa oficial atópase no subapartado Arquivo da páxina Web, onde podes buscar por categorías ou empregando a caixa de busca xeral por palabras chave. No subapartado Guías e Formularios podes acceder a tódolos formularios que precisas ao longo do teu traballo de doutoramento.
>EDIUS>Arquivo
>EDIUS>Guias e formularios
Como notifico incidencias relacionadas cos meus estudos de doutoramento?
En primeiro lugar, contacta por correo electrónico co teu Programa de doutoramento.
Se o que que queres é poñer unha reclamación, deberás dirixirte á Oficina de Análise de Reclamacións, OAR.
Finalmente, se queres presentar un recurso tes que facelo por Sede electrónica.
Como podo coñecer os dereitos e obrigas de todos os axentes implicados nos estudos de doutoramento?
No Código de boas prácticas da EDIUS, dispoñible no Arquivo da páxina web institucional, e no Compromiso Documental de Supervisión dispoñible na túa Secreatía Virtual.
>EDIUS>Arquivo
- Para todo o relacionado coas actividades formativas edius.formacion@usc.es
Onde atopo a información necesaria para realizar os trámites do primeiro ano na vosa web?
>Doutorandos>Seguimento de doutorandos/as
Que é o Compromiso documental de supervisión (CDS)?
É o documento de obrigada sinatura que recolle os compromisos aos que se ateñen as partes implicadas nunha tese de doutoramento: doutorando/a, director/a, tutor/a e coordinador/a do programa de doutoramento. Tes a información necesaria no subapartado Seguimento de doutorandos/as da páxina web institucional.
>Doutorandos>Seguimento de doutorandos/as
Cando teño que presentar o Plan de investigación?
Consulta o calendario anual de cada curso académico no subapartado Calendario da nosa páxina web.
>Doutorandos>Calendario
Que son?
A EDIUS oferta anualmente unha serie de actividades dirixidas a todos os doutorandos/as matriculados co obxecto de ofrecer formación nas competencias necesarias para a etapa de tese. Están organizadas en bloques temáticos, e podes consultar a convocatoria do ano en curso na sección de Formación da páxina web
Canto custan?
Son gratuítas
Son obrigatorias?
Dependendo do programa no que esteas matriculado/a algunhas actividades terán carácter obrigatorio.
Por outra banda, consulta co teu director/a cales son aquelas actividades formativas que desenvolven as competencias máis axeitadas para o teu perfil.
Como obteño o meu certificado?
Se superas a actividade tanto na proba de avaliación, como no seguimento (tarefas e asistencia do 80%) recibirás por correo electrónico un certificado da actividade.
Onde atopo a información para realizar os trámites de presentación da tese na vosa web?
>A tese>Solicitude de defensa
Cal é a data límite para iniciar o trámite de presentación da tese?
É a que aparece na túa secretaría virtual como Data fin prevista, aínda que dito día sexa festivo ou período non lectivo. O trámite iníciase por Sede electrónica.
Teño que renovar a matrícula para poder presentar a tese?
Só se inicias o trámite de presentación da tese con posterioridade ao 31 de agosto.
Se non coincide o título da tese co do Plan de investigación, como podo cambialo?
Antes de iniciar o trámite de presentación da túa tese, accede á Secreatría Virtual e desde alí realiza unha modificación do teu Plan de Investigación para consignar o novo título. Esta modificación deberá ser aprobada pola CAPD.
Recorda: o idioma do Plan de investigación ten que coincidir co idioma no que redactes a tese.
Debo incluír sempre un resumo en galego no exemplar da tese?
Non, só cando a tese estea redactada noutro idioma diferente do galego ou castelán. Nese caso, o resumo non poderá ser inferior a 3000 palabras.
Onde atopo a información sobre as modalidades de presentación da tese?
>A tese>Tipos de tese
Que documentación preciso entregar para presentar a miña tese?
Toda a que consta no Documento-guía, que podes atopar no subapartado Guías e impresos, na sección EDIUS da nosa web
>EDIUS>Guías e formularios
En que momento entrego o exemplar electrónico da miña tese?
O programa pedirache a versión electrónica da túa tese nun PDF sen sinaturas e desprotexido.
No caso das teses presentadas por compendio de publicacións e de teses baixo o procedemento de protección de dereitos, terás que presentar dous PDF. Tes información sobre isto no subapartado Tipos de tese.
>A tese>Tipos de tese
En que momento entrego o exemplar impreso da miña tese? ( trámite non necesario para teses posteriores ao 24/04/2023)
Unha vez autorizada a defensa da tese pola EDIUS pediráseche o exemplar impreso que deberá incorporar as sinaturas pertinentes e a cuberta/antecuberta institucional.
Poderás presentar o exemplar impreso como máximo ata un mes despois da túa defensa.
>A tese>Idioma e formato
Cando presento o checklist do exemplar da tese?
Cando presentes o exemplar en PDF da tese deberás acompañar este do Checklist cuberto, para facilitar a súa revisión. Podes atopalo no subapartado Guías e formularios, na sección Estudante.
>EDIUS>Guías e formularios
Como teño coñecemento do inicio do período de exposición pública da miña tese?
Por un correo electrónico que che remitiremos desde a EDIUS. Esta data de inicio do depósito ven marcada pola data na que a CAPD nos remite o seu informe á EDIUS.
En que reunión da Comisión Executiva será tratada a miña tese?
As teses serán tratadas na primeira reunión da Comisión Executiva da EDIUS logo do fin do período de exposición pública (dez días).
Se coincide o último día da exposición pública coa data na que se celebra unha reunión desta Comisión, a tese será tratada na seguinte reunión.
Poden solicitarme desde a Escola que presente un novo PDF con modificacións?
Despois da reunión da Comisión, se así o acorda, recibirás un correo electrónico onde che solicitan que remitas de novo o PDF coas modificacións indicadas ou que aclares algún dato do contido da tese.
A non ser que así se indique explícitamente no correo, o novo documento non ten que ser tratado nunha nova reunión senón que será revisado polos membros da Comisión para comprobar que efectivamente se realizou a modificación solicitada.
Como me notifican se a miña tese está autorizada pola Comisión Executiva da EDIUS?
Recibirás un correo electrónico coa notificación do nomeamento do tribunal e a autorización da defensa pública. Nese correo, e nos documentos que se achegan nel, tes toda a información sobre os seguintes trámites do procedemento: pagamento de taxas, ficha Teseo, comunicación á Escola da data de defensa, etc., e onde atopar a información precisa.
Que modalidades de defensa pública son admisibles na USC?
Na USC poden realizarse defensas tanto presenciais como por medios telemáticos (tanto semipresenciais como totalmente virtuais).
>A tese>Modalidades de defensa
Teño que depositar igualmente a miña tese na USC se por cotutela a vou defender noutra Universidade?
Si, tes que realizar o trámite de presentación e depósito igualmente, tanto se por cotutela a vas defender na USC como se a defensa se vai realizar na outra Universidade.
Como podo preparar a exposición da miña tese para o acto de defensa?
Non hai unha duración estipulada para a intervención, malia que se adoitan conceder 50 minutos ou unha hora. Non obstante é o presidente do tribunal quen indicará a duración da túa exposición no propio acto de defensa.
Como sei a miña cualificación?
O Servizo de Xestión Académica comunicarache por correo a nota, e unha vez recibida esa comunicación deberás realizar o depósito do título e pagar as taxas pertinentes.
Como sei se teño que presentar documentación por sede electrónica?
Na nosa páxina web terás información sobre que procedementos esixen a presentación por sede electrónica e, de selo caso, unha ligazón ao formulario creado pola escola para un procedemento concreto (presentación da tese, solicitudes premios extraordinarios de doutoramento...).
Podo presentar por sede electrónica en calquera momento?
A sede electrónica funciona as 24 horas do día e os 365 días do ano. Por exemplo, se o prazo para iniciar o trámite de presentación da tese finaliza un domingo, ese día será o último día para facelo. Na escola tramitaremos a túa solicitude o luns.
Que fago se teño algún problema ao presentar unha solicitude por sede?
Nese caso terás que enviar un correo aos servizos informáticos da USC: cau@usc.es indicando que problema tes. É recomendable que envíes capturas de pantaia ou utilices a ferramenta Recortes para proporcionar máis información.
Desde a EDIUS recomendamosche que nos poñas en copia nese correo para que teñamos coñecemento da incidencia, sobre todo en caso de que finalice un prazo.
Podo realizar trámites na Sede electrónica calquera día?
Si, pero os trámites realizados en día inhábil (consultar aquí) na Sede Electrónica contarán como realizados no seguinte día hábil.
Que normativa rexe o cómputo de prazos por Sede electrónica en calquera trámite administrativo da Escola?
Segundo a Ley 39/2015, del 1 de octubre, del Procedimiento Administrativo Común de las Administraciones Públicas, no seu artigo 31.2 indica o seguinte respecto ao cómputo de prazos nos rexistros: “2. El registro electrónico de cada Administración u Organismo se regirá a efectos de cómputo de los plazos, por la fecha y hora oficial de la sede electrónica de acceso, que deberá contar con las medidas de seguridad necesarias para garantizar su integridad y figurar de modo accesible y visible”. Por todo isto, a franxa horaria a efectos de cómputo de prazos a presentar na Universidade de Santiago de Compostela é a hora peninsular.
Ademáis na Resolución do 3 de agosto de 2021 pola que se ordena a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do Regulamento de transformación dixital, administración electrónica e desenvolvemento das tecnoloxías da información e da comunicación da Universidade de Santiago de Compostela indícase o seguinte no artigo 17.1: “1. O Rexistro electrónico da USC permitirá a presentación de escritos, solicitudes e comunicacións todos os días do ano, durante as vinte e catro horas do día, tendo en conta que determinados formularios só estarán dispoñibles nos prazos indicados na convocatoria correspondente”