Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

Formación

Estas actividades teñen un dobre obxectivo, proporcionar competencias aos doutorandos, tal e como se establece no RD 99/2011 polo que se regulan os estudos de doutoramento, e cumprir as accións de mellora propostas pola USC dentro do selo europeo de calidade HRS4R.

As actividades formativas dentro dos estudos de doutoramento, tanto de carácter transversal como de carácter específico para cada programa de doutoramento, teñen por finalidade ofrecer aos doutorandos e doutorandas unha formación complementaria á súa actividade investigadora, de xeito que o alumnado fortaleza competencias e habilidades tales como a comprensión das metodoloxías e técnicas de investigación, os procesos de documentación científica, técnicas e métodos de comunicación científica e mais a redacción de traballos de investigación.

Estas actividades formativas:

  • Destínanse exclusivamente aos estudantes de doutoramento.
  • Como norma xeral, a participación do alumnado de doutoramento será voluntaria.
  • Poderán ser de carácter presencial, semipresencial ou a distancia.
  • O alumnado que participou con aproveitamento nunha actividade formativa terá dereito á expedición dun diploma sempre que conste na acta correspondente.