Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.

Representantes de Universidades de Asia Central melloran na USC a súa formación en economía circular e sustentabilidade

Foto de grupo das persoas participantes
Foto de grupo das persoas participantes
No marco do proxecto europeo CirculEC que desenvolven os grupos de investigación ICEDE e POSMARK na USC

Unha delegación de 11 universidades de Kazaxistán, Taxiquistán, Usbequistán e Turkmenistán visitou estes días a Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC no marco do proxecto europeo CirculEC, cuxo obxectivo é capacitar esas institucións educativas de Asia Central para mellorar a formación en economía circular e sustentabilidade. 

Financiado polo programa Erasmus CBHE da Comisión Europea e executado polos grupos de investigación ICEDE e POSMARK na USC, o proxecto contemplou en Santiago unha xornada de foemación sobre Economía Circular e Sustentabilidade e os diferentes aspectos desta temática e outra de visita ao Centro Tecnolóxico do Auga, CETAQUA – VIAQUA, onde as recibiu Teresa Alvariño, directora do Centro. Igualmente, contaron coa presenza de Ana Botas, xerente de VIRATEC, Clúster Galego Solucións Ambientais e Economía Circular, con quen se estableceu un produtivo debate sobre potenciais formas de cooperación para a aprendizaxe mutua. 

Debate en Cqtaqua con Ana Botas
Debate en Cqtaqua con Ana Botas
Os contidos desta páxina actualizáronse o 14.06.2024.