O plan de estudos deste máster articúlase en torno a tres módulos dentro dos que se agrupan as diferentes materias que o integran e que suman un total de 60 créditos ECTS:
- Materias obrigatorias (21 ECTS).
- Materias optativas (42 ECTS).
- Traballo Fin de Máster (18 ECTS obrigatorios).
Pódense atopar as guías docentes e máis información sobre as materias e horarios na páxina do Máster da USC.
Materias Obrigatorias
Código Materia Créditos Semestre P1141101 Álxebra Conmutativa 6 1º P1141102 Análise Funcional 3 1º P1141103 Análise Real e Complexa 3 1º P1141104 Xeometría e Topoloxía de Variedades 6 1º P1141105 Temas Actuais na Investigación Matemática 3 2º Materias Optativas
Código Materia Créditos Semestre P1141201 Álxebra Categórica 3 1º P1141202 Astrodinámica 6 1º P1141203 Biomatemática 3 1º P1141204 Cálculo Simbólico 3 1º P1141206 Xeometría de Riemann 3 1º P1141207 Sistemas Dinámicos 3 2º P1141208 Cohomoloxía de Variedades 3 2º P1141209 Ecuacións en Derivadas Parciais 3 2º P1141210 Xeometría Alxébrica 3 2º P1141211 Métodos Matemáticos da Física 3 2º P1141213 Teoría de Grafos 3 2º Optatividade exterior
Dentro dos 21 créditos optativos que se deben superar para a obtención do Máster en Matemáticas, os estudantes poderán matricularse de ata 12 créditos noutras titulacións, previo informe favorable da Comisión Académica.
O Máster Universitario en Matemáticas impártese na Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela. Como norma xeral, as clases teñen lugar na Aula 10 desta facultade. Os horarios das materias así como as datas dos exames pódense consultar na páxina do Máster da USC.
O Traballo de Fin de Máster (TFM) é de carácter obrigatorio e suma 18 créditos ECTS.
Cada proposta de Traballo Fin de Máster podería incluír indicacións sobre materias optativas relacionadas que sería aconsellable cursar por parte do alumno. No momento da presentación do traballo o alumno deberá ter superado todos os demais créditos necesarios para o título. O Traballo Fin de Máster poderá ser presentado, con carácter xeral, no segundo cuadrimestre, e de forma excepcional no primeiro por alumnos matriculados a tempo parcial, con matrícula de continuación de estudos, ou con materias convalidadas. Pódese atopar máis información sobre o TFM aquí.
Normativa da USC para a elaboración e defensa dos traballos Fin de Grao e Fin de Máster
Traballos de Fin de Máster publicados en Minerva:
Liñas de investigación
Álxebra
- Xeometría alxébrica
- Álxebra homolóxica
- Álxebra computacional
- Teoría de categorías
- Teoría de códigos e criptografía
Análise Matemática
- Sistemas Dinámicos non Lineares
- Ideais de Operadores
- Espazos Normados
- Ecuacións Funcionais Non Lineares
- Análise Funcional Holomorfa
Estatística e Investigación Operativa
- Estatística
- Investigación de Operacións
Xeometría e Topoloxía
- Xeometría Riemanniana
- Foliacións e Sistemas Dinámicos
- Estruturas xeométricas diferenciais e aplicacións
Docencia do Máster en Matemáticas