Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

Docencia

Docencia

Horarios

As materias impartiranse únicamente nun dos tres centros implicados (Facultade de Ciencias UDC, Facultade de Bioloxía USC e Facultad de Bioloxía UVigo); no caso dos créditos expositivos, o alumnado poderá asistir de forma presencial no centro correspondente ou ben por medio de videoconferencia dende cualquera dos outros dous centros. No caso dos créditos interactivos (prácticas de campo, laboratorio, etc.), o alumnado deberá desplazarse o centro correspondente e asistir os mesmos de forma presencial.

Exames

Prácticas Externas

As “Prácticas Externas” contan con 12 créditos ECTS de carácter obrigatorio e están orientadas a completar a formación dos alumnos/as así como a facilitar o seu acceso o mundo profesional. Estas prácticas están reguladas polo Real Decreto 592/2014 e polos Regulamentos de prácticas académicas externas da USC, aprobado polo seu Consello de Goberno o 29 de xullo de 2015, da UVIGO (24 de maio de 2012) e da UDC (29 maio 2018).

Estas prácticas organízanse e xestionan de maneira que se garantice a calidade, o recoñecemento académico e o  correcto aproveitamento das mesmas. Así, o alumnado conta cun titor externo, pertencente a entidade na que se realizan as prácticas, e cun titor académico que se coordina co titor externo para realizar as prácticas e que realiza a avaliación en función da memoria de prácticas que o alumno debe realizar e do informe emitido polo titor externo.

Traballo Fin de Mestrado

O Traballo de Fin de Mestrado (TFM) consiste nun traballo que recolle as competencias que o alumnado adquirió cursando o título.

O TFM consta de 9 créditos ECTS obrigatorios e será regulado de acordo coa normativa vixente das universidades participantes:

Así polo tanto, realizarase baixo a tutela dun/a profesor/a do máster. A Comisión Académica do máster poderá designar un co-titor, o excepcionalmente dous co-titores se así o encuentra oportuno.

Ademais, o TFM so poderá ser defendido e avaliado unha vez que o estudiante superou todos os créditos necesarios para a obtención do título de máster, excepto os correspondentes o propio traballo.

TFM 2024/25

Calendario de defensa do TFM (2024/25)

  1. Convocatoria de febreiro: entrega ata o 14 de febreiro e defensa o 21 de febreiro.
  2. Convocatoria de xuño-xullo:
    1. entrega ata o 20 de xuño e defensa o 27 de xuño.
    2. entrega ata o 11 de xullo e defensa o 18 de xullo.
  3. Convocatoria de setembro: entrega ata o 5 de setembro e defensa o 12 de setembro.
Os contidos desta páxina actualizáronse o 06.03.2025.