Ir o contido principal

Información xeral

Información do Máster en Psicoloxía Xeral Universitaria

No deseño do plan de estudos tivéronse en conta as directrices ministeriais que establecen os requisitos formativos que habilitan para o exercicio da profesión regulada de Psicólogo Xeral Sanitario, de acordo co regulado na normativa aplicable (Acordo de 31 de maio de 2013 do CM, BOE do 4 de xuño, e Orde ECD/1070/2013, do 12 de xuño, BOE do 14 de xuño).

O plan de estudos (resolución de 14 de xullo de 2014, BOE de 28 de xullo de 2014) ten un total de 90 créditos que se imparten ao longo de tres semestres, e que inclúen a totalidade da formación teórica e práctica que o estudante debe adquirir, seguindo a distribución que a continuación se indica:

Distribución do plan de estudos en créditos ECTS, por tipo de materia:

Créditos a realizar polo estudante para obter o  título de máster 
Tipo de materia Módulos Créditos
Materias Obligatorias Básico 6
Específico 30
Materias Optativas   12
Prácticas externas obrigatorias   30
Traballo fin de Máster   12
Créditos totais para obter o título de máster 90

 

Créditos ofertados no máster 
Tipo de materia Módulos Créditos
Materias Obrigatorias Básico 6
Específico 30
Materias Optativas   45
Prácticas externas obligatorias   30
Traballo fin de Máster   12
Créditos totais ofertados   123

 

Aspectos académico-organizativos xerais

Tomando en consideración os criterios que, segundo Orde ECD/1070/2013, do 12 de xuño, BOE do 14 de xuño, deben guiar a planificación das ensinanzas e de acordo co art.º 15 do RD 1393/2007 e o art.º II das "Liñas Xerais dá USC para ás titulacións de Máster Universitario Oficial", aprobadas polo Consello de Goberno o 30 de maio de 2008, os 90 créditos que compoñen o Máster estrutúranse e secuencian do seguinte modo:

(1) No primeiro semestre (18 semanas) impártense a maioría das materias de carácter obrigatorio, que están divididas en dous Módulos: o Módulo básico (6 créditos), referido aos fundamentos científicos e profesionais da Psicoloxía Sanitaria e a maior parte do Módulo específico (4 materias de 4.5 créditos e unha de 3 créditos) cuxa temática aborda contidos sobre avaliación, diagnóstico e intervención en Psicoloxía da Saúde e adestramento nas habilidades básicas do Psicólogo Xeral Sanitario. Tamén se inclúen neste semestre dúas materias optativas.     

(2) No segundo semestre (18 semanas) impártese, as dúas materias de carácter obrigatorio que restan para completar o Módulo específico, xunto coa maioría das materias de carácter optativo.

En total se ofertan 45 créditos de materias optativas, dos cales os estudantes deben cursar 12. Todas as materias optativas constan de 3 créditos, e nelas desenvólvense contidos e competencias que complementan os Módulos básico e específico de cara a unha formación aplicada e avanzada no ámbito da Psicoloxía da Saúde e da súa práctica no contexto sanitario.

(3) As prácticas externas obrigatorias desenvolveranse conforme aos requisitos establecidos na Orde ECD/1070/2013, en dispositivos asistenciais debidamente rexistrados e autorizados como Centros Sanitarios, baixo a supervisión dun psicólogo que cumpra coas condicións establecidas na devandita orde; supoñen 30 créditos organizados en dúas materias: O Practicum I, de 12 créditos, realizarase no 2º semestre do primeiro curso, tras finalizar a docencia das materias optativas, e ten como obxectivo o contacto con dispositivos profesionais de saúde mental de carácter básico. O Practicum II, de 18 créditos realizarase no segundo curso (primeiro semestre) e consistirá na práctica supervisada en dispositivos de carácter xeral ou específico, de acordo cos intereses formativos de cada estudante. Para a realización destas materias deberá terse superado o 80% dos créditos do primeiro semestre.  

As prácticas externas teñen como obxectivo fundamental que os estudantes exerciten os coñecementos adquiridos sobre avaliación, diagnóstico e intervención e desenvolvan as habilidades e destrezas propias do exercicio da profesión de Psicólogo Xeral Sanitario, baixo a supervisión dun psicólogo cualificado.

(4) Por último, ao Traballo de Fin de Máster (TFM) asígnaselle unha extensión de 12 créditos. Realízase no 1er semestre do segundo curso e deféndese ao finalizar este (para máis información ver o apartado referido a TFM).

Cada curso académico ofértanse 33 prazas de nova admisión.

Así mesmo, un 10% das prazas (3) pódense ocupar en modalidade de tempo parcial. Esta modalidade de matrícula permite que as persoas que, por circunstancias acreditadas, non poidan cursar os 60 créditos do primeiro ano da titulación, soliciten cursar 30 créditos. A solicitude de tempo parcial débese cursar no momento de formalizar a matrícula, mediante solicitude razoada dirixida á Comisión do Título do Máster; a Comisión resolverá estas solicitudes no mes de setembro.

O prazo de preinscrición ten lugar no mes de Xuño, con carácter ordinario, segundo se concreta cada ano na Convocatoria de matrícula na USC (ver ligazón abaixo). 

Calendario e trámites de preinsrición e matrícula

O aseguramento da calidade do Máster Universitario en Psicoloxía Xeral Sanitaria pola USC desenvólvese no marco do Sistema de Garantía de Calidade (SGC) da Facultade de Psicoloxía. Os principais axentes para o seguimento e mellora son a Comisión do Título e a Comisión de Calidade da Facultade.

A Comisión do Título, baixo a coordinación da Comisión de Calidade, recaba información de procesos específicos que considera de especial interese para complementar os indicadores facilitados pola ACMP (Área de Calidade e Mellora dos Procedementos) da USC.

Así mesmo, a Comisión do Título realiza, con carácter anual, o seguimento do mesmo; os informes de seguimento e as accións de mellora derivadas deles, unha vez supervisados pola Comisión de Calidade e aprobados pola Xunta de Facultade quedan recollidos na Memoria de Calidade da Facultade.

Toda a información pódese consultar no sitio web do

Sistema de Garantía da Calidade da Facultade de Psicoloxía

Os contidos desta páxina actualizáronse o 29.11.2023.