Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

Envío de resumos

Instrucións para o envío de resumos

 Prazo para envío de resumos: PECHADO

Os interesados en presentar unha/un comunicación/póster deberán enviar cuberto o formulario de remisión de comunicacións  á dirección  congreso.mocidadect@usc.gal

A secretaría técnica será a encargada de comunicarlle se a súa presentación foi elexida para comunicación oral ou póster entre o 17 e o 24 de setembro. De non recibir un correo neste prazo, recoméndamos que contacte coa secretaría técnica na  dirección de correo indicada. 

Para coñecer o día e a hora da súa presentación (oral/póster), deberá consultar o programa que se vai a ir actualizando na web do Congreso (sección Programa).

Indicacións para facer a presentación oral/póster:

Debido ao carácter multidisciplinar deste congreso, agradeceríamos que a súa comunicación teña un perfil divulgativo, evitando na medida do posible, aspectos "demasiado técnicos" que dificulten a súa comprensión pola gran maioría dos asistentes. Para a presentación oral pódese empregar calquera dos catro idiomas aceptados no Congreso: galego, portugués, castelán ou inglés. As diapositivas e o póster deberán estar escritos en inglés.

Concederanse premios á mellor comunicación oral e mellor póster. 

Comunicacións orais

  • Tempo de presentación: 10 minutos. Ao finalizar as presentacións de cada bloque haberá un tempo (10 minutos) para formular preguntas, comentarios e discusión (para todo o bloque).
  • Presentación: É obrigatorio o uso das plantillas oficiais do Congreso para exposicións orais "Plantilla ponencias".

Pósteres

  • Dimensións dos taboleiros onde colgarán os carteis: 105cm x 140cm (medidas recomendadas para o póster 90 cm ancho x 120 cm alto)
  • A impresión dos pósteres será responsabilidade dos autores.
  • Celebraranse sesións de avaliación de pósteres.
  • Tempo de presentación: 2-3 minutos. Comentarios e discusión (ao finalizar cada bloque).
  • É obrigatorio o uso das plantillas oficiais do Congreso "Plantilla póster"
  • No mostrador de rexistro indicarase aos autores a zona onde se expoñerán os pósteres. A organización proporcionará os medios necesarios para que se poidan colocar nos paneis expositores.
  • A retirada dos pósteres, debe ser realizada polos autores, e non deberá efectuarse antes de que conclúa o programa técnico do Congreso, co fin de que todos os asistentes dispoñan de tempo suficiente para a súa lectura. Os pósteres que non sexan recollidos tras a finalización do congreso serán retirados e eliminados.
     
     
Os contidos desta páxina actualizáronse o 04.10.2024.