Pasar al contenido principal

Presentación do 'Manual de Boas Prácticas de Paisactivo'

O proxecto quere dinamizar os asentamentos rurais. FOTO: https://paisactivo.eu/el-proyecto/
O proxecto quere dinamizar os asentamentos rurais. FOTO: https://paisactivo.eu/el-proyecto/

O Manual de Boas Prácticas de Paisactivo recompila estratexias e accións orientadas a revitalizar o espazo rural, fomentar o seu desenvolvemento socioeconómico e mellorar a calidade de vida dos seus habitantes. O edificio Cactus do Campus de Lugo acolle o vindeiro 6 de novembro, de 12.00 a 14.00 horas, un seminario de presentación do manual. Para cada práctica identificada, elaborouse unha ficha descritiva que aborda os retos e oportunidades para a súa aplicación e do potencial de transferencia a outros territorios.

O proxecto Paisactivo (Paisaxes cortalume: activación do espazo rural para un territorio resiliente) busca aumentar a resiliencia do territorio fronte ao risco de incendios a través de valorizar e mellorar a xestión sostible das terras agroforestais á vez que se protexen e dinamizan os asentamentos rurais, promovendo a súa sustentabilidade.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 31.10.2024.