Pasar al contenido principal
Este portal utiliza cookies propias o de terceros con fines analíticos, así como enlaces a portales de terceros para poder compartir contenido en las redes sociales. Puede obtener más información en la <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/es/aviso-legal">política de cookies</a>.

Áreas de traballo

Áreas de traballo do Consello do Estudantado

Investigación

Esta área de traballo encárgase de todo o relativo aos dereitos do persoal investigador predoutoral, así como o acceso ás infraestruturas e recursos de investigación por parte do estudantado de grao e mestrados naqueles casos que for presciso.

Luis Enrique Campos Lemetre

Luis Enrique Campos Lemetre

Portavocía de Investigación

Desenvolvemento Normativo e Calidade

Esta área de traballo encadra tanto a normativa de calidade como as políticas de calidade tanto da universidade como do ensino superior en xeral, así como das relacións entre o Consello e as axencias de calidade e avaliación.

Alberto Neira Ferreiro

Alberto Neira Ferreiro

Portavocía de Desenvolvemento Normativo e Calidade

Lingua e Cultura

Esta área de traballo encárgase tanto de todos os aspectos que garden relación coa normalización lingüística do galego no seo da universidade, como das actividades culturais e de extensión universitaria nas que o Consello poida participar ou promover.

Carme Giráldez Salgado

Carme Giráldez Salgado

Portavocía de Lingua e Cultura

Igualdade

Esta área de traballo está encargada de todos os aspectos relacionados coa igualdade, entendendo por tal a igualdade en relación á identidade de xénero, orientación sexoafectiva, discapacidade, necesidades específicas de apoio educativo ou calquera outro posible motivo de discriminación ou violencia.

Rocío González González

Rocío González González

Portavocía de Igualdade

Relación Exteriores e Internacionalización

A participación do Consello do Estudantado en órganos de representación tanto estatais e crucial. Dende levar as problemáticas do estudantado da nosa universidade ao Ministerio, participar activamente na elaboración de normativas que nos afectan a todos o estudantado do Estado, ou traballar na construción do Espazo Europeo de Educación Superior, son tarefas fundamentais que executamos como máximo órgano de representación do estudantado da nosa universidade.

León Felipe Ureña Sánchez

León Felipe Ureña Sánchez

Portavocía de Relacións Exteriores e Internacionalización
Carlos Arjona Díaz

Carlos Arjona Díaz

Vicechair para a Alianza Euniwell

CREUP

CREUP é a Coordinadora de Representantes de Estudantes de Universidades Públicas, formada polos consellos de estudantes ou delegacións de 37 Universidades Públicas e representando a máis de 1.000.000 de estudantes universitarios.  É o principal axente de representación do estudantado universitario a nivel Estatal. Dá voz ao estudantado perante as entidades e Institucións Públicas de referencia para a construción e mellora do Sistema Universitario. 

https://www.creup.es/
Contacto: presidencia@creup.es 

CEUNE

O Consello de Estudantes Universitarios do Estado (CEUNE) é o órgano colexiado de deliberación, consulta e participación dos/as estudantes universitarios/as de todas as universidades españolas. Este órgano está adscrito ao Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades do Goberno do Estado a través da Secretaría Xeral de Universidades.

Os seus obxectivos e ser un espazo para abordar directamente as políticas educativas do SUE, deliberar, consultar, debater, compartir, trasladar reivindicacións e inquietudes, realizar propostas, desenvolver medidas comúns e avaliar plans de educación que contribúan a un novo modelo de Educación Superior.

Contacto: ceune.permanente@gmail.com 

EUniWell

EUniWell, a Universidade Europea para o Benestar, é unha das 64 Alianzas Universitarias Europeas, seleccionada para o financiamento da Comisión Europea no marco do programa ERASMUS+ en 2020. EUniWell está formada por 11 universidades de distintos países de Europa, así como conta co apoio de máis de 60 socios asociados de todos os sectores da sociedade.

Co seu foco no benestar, EUniWell responde á invitación do Consello da Unión Europea para que os estados membros sigan un enfoque horizontal, intersectorial e baseado no coñecemento para avanzar na "Economía do Benestar", un círculo virtuoso entre a sociedade, a ciencia e o medio ambiente, levando a un maior benestar en esas dimensións. Implica comprender as relacións entre estas dimensións e a capacidade de potenciar as súas sinerxías. O benestar ofrécenos así unha nova forma de medir o progreso, máis aló do PIB e con desenvolvementos humanos, sociais e sostibles no centro.

https://www.euniwell.eu/ 

Participación

A área de traballo de participación é esencial para o correcto funcionamento do Consello. Este está encargado de promocionar e fomentar a participación dos representantes dentro e fóra do órgano. Tamén se encarga de motivar ao estudantado no marco da comunidade universitaria, difundindo e apoiando as súas iniciativas grupais ou individuais.

Iria Liñares Cereixo

Iria Liñares Cereixo

Vicepresidencia da Coordinadora do Consello do Estudantado

Infraestruturas e Servizos

Este área de traballo abrangue todo o relacionado coas bibliotecas e espazos de estudo, comedores, locais de estudantes, os servizos relativos á xestión académica e demais infraestruturas e servizos de especial interese para o estudantado.

Aitor Capeáns Caramés

Aitor Capeáns Caramés

Portavocía de Infraestruturas e Servizos
Los contenidos de esta página se actualizaron el 27.03.2025.