Día Internacional dos museos
Para celebrar o Día Internacional dos Museos 2024 e o Día da Abella, o Museo de Historia Natural organiza, xunto coa Asociación de Amigos do Museo de Historia Natural e o colectivo Máisquemel unha serie de actividades.
No MHN
sábado 18 de maio
- Entrada de balde ao MHN
Horario de 10 a 14 e de 16.30 a 20 horas - Inauguración do hotel de insectos no Parque Vista Alegre
Horario 17 horas
Prezo de balde
A instalación será realizada coa colaboración da Asociación de Amigos do MHN, o Centro de Formación Profesional Politécnico de Santiago e Concello de Santiago de Compostela. Actividade do Día da Abella 2024. - Obradoiro de construción do hotel de insectos
Horario 17.30 horas
Prezo de balde
O público asistente poderá participar na propia construcción do hotel de
insectos. Actividade do día da Abella 2024 - Presentación de publicacións sobre natureza da Librería Aenea
Actividade do día da Abella 2024
domingo 26 de maio - actividade aprazada por mor da climatoloxía
- As claves do pasado que definen os deseños dos espazos verdes na contorna no MHN.
Roteiro polos parques de Vista Alegre e Parque da Música
Horario de 11 a 13 horas
Duración unha hora e media. A media hora restante será para organización da propia actividade
Dificultade mínima
Prezo 5€/persoa, de balde para socios da AAMHNUSC
Idade recomendada todo o público a partir de 5 anos
Inscricións amhnusc [at] gmail.com (amhnusc[at]gmail[dot]com)
Para esta actividade Terán preferencia os socios/as da Asociación de Amigos do MHN. Faite socio e non perdas a túa praza!
Dia Mundial das Abellas
O colectivo Máisquemel organizará varias actividades con motivo da celebración o Día Mundial das Abellas o 20 de maio, que terán lugar entre Santiago de Compostela e Abegondo durante todo o mes de maio.
SANTIAGO DE COMPOSTELA
Biblioteca Pública Anxel Casal
Do 7 ó 31 de maio: Exposición “As abellas máis antigas de Europa“, cedida por Pajuelo Consultores Apícolas e mostra de bibliografía apícola galega.
7 de maio, ás 17 h. Inauguración da exposición e degustación de meles da IXP Mel de Galicia
18 de maio, ás 12 h. Espectáculo de títeres “Pirula e o misterio das abellas”e obradoiro de chapas solidarias cos polinizadores. Pola compañía Garabullo .
31 de maio, ás 18 h. Presentación do libro “Abellón, o libro negro das zoadeiras”, polos autores Xoan-Xil López e Mauro Sanín, Central Folque.
Actividades con entrada libre ata completar o aforo.
ABEGONDO
Ecomuseo – Casa das Abellas de Meangos
19 de maio: Convivio no Ecomuseo Casa das Abellas
Ás 12 h. Visita guiada polo Ecomuseo
ÁS 14 h. Xantar de campo (cadaquén leva o seu xantar)
Ás 16 h. Presentación do libro “A cultura do mel na Costa da Morte” pola autora Carme Toba
Ás 16.30 h. O miñato abelleiro contra a Vespa velutina, por José Manuel Fernández, ornitólogo
Ás 17 h. Debate “A Apicultura galega na encrucillada”
Inscricións no email info [at] maisquemel.gal (info[at]maisquemel[dot]gal) ou por whatsapp no 630 069 635, ata completar aforo
25 de maio: Visita da Asociación de Amigos do Museo de Historia Natural da USC
Visita guiada polo Ecomuseo, charla sobre as aves da contorna e visita a outros lugares de interese pola zona.
Obradoiro Infantil - Un mundo de elementos: minerais e rochas
Obxectivos
- Coñeceremos que é un mineral, cales son algúns dos máis comúns e os seus principais usos.
-
Coñeceremos e valoraremos algunhas propiedades dos minerais
-
Coñeceremos os principais usos das rochas.
- Entenderemos o papel fundamental dos minerais e as rochas no ciclo da vida.
- Faremos unha manualidade "redonda".
Metodoloxía
Descubrimento a través de actividades e xogos
Responsable
Mava Sual. Bióloga
Idade
Rapaces e rapazas de 6 a 12 anos
Tamaño dos grupos
Máximo 20 participantes. É necesario facer reserva previa, polo menos con dous días de antelación á data do obradoiro.
Data e horario
Sábado 11 de maio, de 11 a 13 horas
Prezo
5€ por persoa
Obradoiro infantil - Coñecendo fósiles. Unha viaxe ao pasado
Obxectivos
- Coñeceremos que é un fósil e cómo se forman
- Distinguiremos algúns dos fósiles máis comúns
- Comprenderemos que é un fósil guía
- Valoraremos os fósiles coma unha fonte de información sobre a historia do planeta
- Crearemos dunha réplica dun fósil en xeso
- Visitaremos a parte dos fósiles da exposición permanente do MHN
Metodoloxía
Descubrimento a través de actividades e xogos
Responsable
Gabi Piñeiro. Biólogo
Idade
De 6 a 12 anos
Tamaño dos grupos
Máximo 20 participantes. É necesario facer reserva previa, polo menos con dous días de antelación á data do obradoiro.
Data e horario
Sábado 25 de maio, de 11 a 13 horas
Prezo
5€ por persoa