Pasar al contenido principal

Ferramenta de deseño gráfico para enxeñeiros: AutoCAD Básico.

17 e 24 de setembro e 1, 8 e 15 de outubro

Aula de Informática 4

Organizador: Escola Politécnica Superior

O curso ten un enfoque eminentemente práctico, coa realización de prácticas dirixidas polo profesor para que o estudante teña un coñecemento xeral do programa, e poida iniciar e realizar os seus propios debuxos.

Curso AutoCAD
Curso AutoCAD

INSCRICIÓN

MODALIDADEPresencial e virtual (asíncrona).

PÚBLICO OBXECTIVO: Alumnado de grao e máster ou aqueles estudantes que durante a súa formación non puideron cursar algunha materia de CAD.

CONTIDO: Coñecer e adquirir os coñecementos básicos dun programa de deseño asistido por computador, AutoCAD, para o debuxo e elaboración de obxectos e planos para un proxecto de enxeñería. 

PROGRAMA: 

1.- Introdución- Deseño para a enxeñería e Fundamentos de Autocad. Contorna de traballo. Interface. Unidades. Sistema de Coordenadas. Métodos de selección de obxectos. Liña de Comandos. Ferramentas de visualización. 
2.- Ferramentas de debuxo e modificación en Autocad. Comandos de edición: debuxo de líneas, Polilineas e Rectángulo. Debuxando con Object Snap. Matriz e Reixa. Comandos de modificación: mover, rotar, copiar, desprazar. Ferramentas de medida. 
3.- Capas e anotación: bloques, capas(Layers), textos, anotación. Referencias a obxectos. 
4.- Debuxo de planos. Escala. Presentación. Exportación.

COORDINA: María José Iniesto Alba

IMPARTE: Francisco Javier López González, Patricia Tato Sánchez del Valle e Adriana Conde Fernández, profesorado da Área de Expresión Gráfica na Enxeñaría da USC.

PRAZAS: limitadas 20.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 13.09.2024.