Pasar al contenido principal

Seminario 'Incendios forestais. Realidade actual e futura dos grandes incendios en España'

01.10.2024 | 12.00h-14.00h

Sala de Xuntas

Organizador: Escola Politécnica Superior

O foro diríxese á comunidade universitaria e profesionais do sector produtivo.

O programa aborda as relacións entre o clima, a meteoroloxía e os incendios. FOTO: Santi Alvite
O programa aborda as relacións entre o clima, a meteoroloxía e os incendios. FOTO: Santi Alvite

O seminario 'Incendios forestais. Realidade actual e futura dos grandes incendios en España' desenvolverase o 1 de outubro, ás 12.00 horas, na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra. O foro diríxerse a estudantado de grao e mestrado e profesionáis do sector produtivo. O seminario, no caos do estudantado, pretende ser unha ampliación e complemento específico dos coñecementos estudados dentro da materia Rexeneración e Restauración tras incendio que se imparte no máster de Enxeñería de Montes da EPSE. O relator proposto para a actividade formativa, Jorge de las Heras Ibáñez, é catedrático na área de Produción Vexetal na Universidad de Castilla La Mancha. 

O programa aborda as relacións entre o clima, a meteoroloxía e os incendios, índices de perigo meteorolóxico, cambio climático e incendios forestais; evolución do réxime de incendios en sistemas mediterráneos; respostas da vexetación ante o lume; estratexias para a restauración post-incendio; e o cambio de paradigma na extinción de incendios forestais.  Coordinado por María del Pilar González Hernández, a actividade oferta un total de 20 prazas. 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 30.09.2024.