Pasar al contenido principal

Curso de iniciación a Docker

24/4/2024 - 16.30 horas

O programa de formación complementaria do Campus Terra coordinado por Xosé Ramón Fernández impartirase a partir do 24 de abril na EPS de Enxeñaría. A inscrición permanece aberta en liña

Cartel do curso
Cartel do curso

O Campus Terra da USC achega formación sobre as prestacións do programa Docker a estudantado universitario, así como a docentes e investigadores e axentes do sector produtivo, a través dun curso coordinado polo profesor na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría Xosé Ramón Fernández Vidal e cuxas sesións presenciais se desenvolverán na EPSE os días 24, 25 e 29 de abril. A sesións virtuais deste programa, impartido por Rafael Rodríguez Gayoso, serán os días 30 de abril e 2, 6 e 7 de maio.

O curso de iniciación a Docker, para o que xa está aberto o prazo de inscrición en liña, afonda nas tecnoloxías de contedores e a súa importancia para integralas no proceso de administración de sistemas. De feito, Docker estase a converter nunha das solución máis solicitadas para levar a cabo as implantacións de servizos na nube. Ao rematar o curso, e grazas ao carácter práctico do mesmo, os/as participantes terán os coñecementos necesarios para a xestión de contedores Docker nun entorno de servidor GNU/Linux.

O curso presentado é eminentemente práctico, de xeito que o alumando adquira as destrezas necesarias para trasladar os coñecementos aos seus proxectos software. Os destinatarios tamén poden ser egresados máis ou menos recentes, con coñecemento básico de Linux. En especial, inclúese o colectivo de profesores de materias STEM de ensino secundario que poidan atopar soporte para a mellora da súas actividades docentes nas materias de Tecnoloxía.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 23.04.2024.