A Universidade de Santiago de Compostela, e en particular a Facultade de Humanidades do campus de Lugo, leva aproximadamente cinco anos impartindo varias titulacións oficiais de grao e máster en modalidade semipresencial. O desafío que supón enfrontarse a unha nova forma de impartir docencia e a un novo perfil de alumno e alumna foi asumido desde o primeiro momento e supuxo a necesidade de formar os e as docentes nas posibilidades e recursos con que conta a plataforma de ensino virtual Moodle. No momento actual dispoñemos xa dunha certa experiencia no mundo da semipresencialidade, por iso, consideramos oportuno coñecer como outras institucións próximas a nós, universidades tradicionais maioritariamente presenciais, afrontan tamén desafíos semellantes.
As Xornadas foron tamén de interese para aquelas persoas que tivesen responsabilidade en titulacións que asuman total ou parcialmente a súa presentación online e precisasen, por tanto, orientacións acerca de cuestións tales como o emprego dos recursos audiovisuais, os procedementos de avaliación, a comunicación co alumnado ou as titorías virtuais, entre outros. Finalmente, a inclusión dunha sesión dedicada aos MOOCs ampliou o interese das xornadas a un público aínda máis amplo, tanto de PDIs como de persoal en formación ou de PAS.
Nos seguintes enlaces, podes acceder ao contido das presentacións:
- Retos da formación online e semipresencial nas nosas universidades. Sonia Arranz Turnes (Universidade de Deusto)
- Implementación e adopción de blended learning en educación superior. Antonio Víctor Martín (Universidade de Salamanca)
- ¿Por que fago MOOC? (...e por que ti tamén deberías facer un…ou algo parecido. Pedro Pernías Peco (Universidade de Alicante)
- Arredor dos MOOCs nun contexto universitario. Lorena Casal Otero (Universidad de Santiago de Compostela)
- Aspectos a ter en conta á hora de deseñar un MOOC. Elena González de la Cámara (eTIC Factoría de Formación)