Dende marzo de 2018 temos na USC 2.000 licenzas da ferramenta antiplaxio Turnitin (ata febreiro de 2018 había 1.000 licenzas). Estas licenzas son repartidas polos propios centros entre o seu profesorado. O obxectivo é que cada profesor/a que dirixa TFG/TFM/Tese dispoña dunha licenza de instrutor/a. Neste senso, debe terse en conta que un/unha profesor/a coa súa conta de instrutor/a pode revisar todos os TFG, TFM e teses que titorice na USC.
Ante esta situación, e con motivo da ampliación do número de licenzas da ferramenta antiplaxio TURNITIN, dende a Vicerreitoría de Coordinación do Campus de Lugo, organízase o curso de formación “Uso da Ferramenta Antiplaxio Turnitin”, destinado ao profesorado do Campus Terra que dirixa TFG/TFM/Tese e que posúa a licenza da ferramenta antiplaxio Turnitin.
- Actividade Formativa: “Uso da Ferramenta Antiplaxio Turnitin”
- Data: 22 e 23 de maio de 2018 (de 11:00 a 14:00 horas)
- Duración: 12 Horas (6 presenciais e 6 de traballo online)
- Período de Inscrición: dende o 23 de abril de 2018 ás 09:00 horas ata o 06 de maio ás 24:00 horas.
- Destinatarios: profesorado do Campus Terra que dirixa TFG/TFM/TESES e que posúa a Licenza da Ferramenta Antiplaxio Turnitin.
- Nº de prazas: 15 (cubriranse por rigoroso orde de inscrición)
- Lugar de celebración da acción formativa: Aula e-Terra (Biblioteca Intercentros do Campus Terra).
- Organiza: Vicerreitoría de Coordinación do Campus de Lugo
- Actividade de formación totalmente gratuíta e recoñecida polo PFID.
- Enviarase o formulario de inscrición totalmente cuberto ao correo electrónico margarita.vilela [at] usc.es (margarita[dot]vilela[at]usc[dot]es)