Skip to main content
This portal uses its own or third-party cookies for analytical purposes, as well as links to third-party portals in order to share content on social networks. You can get more information in the <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/en/legal-notice">cookies policy</a>.

Proxecto

Que é EUniWell?

EUniWell comezou a súa andaina en 2020, na segunda convocatoria da Iniciativa Universidades Europeas da Comisión Europea. A Alianza constituíuse en resposta á invitación do Consello da Unión Europea para que os Estados membros persigan un enfoque horizontal, intersectorial e baseado no coñecemento para avanzar na 'economía do benestar', unha conexión equilibrada entre a sociedade, a ciencia e o medio ambiente que conduza a un maior benestar en todas estas dimensións. Deste xeito, a misión principal de EUniWell consiste en comprender, mellorar, medir e reequilibrar o benestar das persoas individuais, das nosas propias comunidades e da sociedade no seu conxunto, baseándose nunha serie de valores comúns: democracia, inclusión, diversidade, investigación, inter- e transdisciplinariedade, emprendemento e co-creación.

Así, EUniWell aspira a desempeñar un papel crítico e intermediario na configuración dunha política e unha pedagoxía baseadas na investigación para fundamentar a toma de decisións, apontoar o desenvolvemento de competencias e lograr un impacto na experiencia de aprendizaxe do estudantado e na calidade de vida da cidadanía europea.

Consulta a "EUniWell 2030 Strategy Framework and Strategy Questions".

The contents of this page were updated on 11.12.2024.