Ir o contido principal

O proxecto Sar e Sarela chama á participación do PDI

Plano da cidade entre o Sar e o Sarela
Plano da cidade entre o Sar e o Sarela
No marco deste proxecto, o Ibader elaborou a Estratexia de Infraestrutura Verde e Adaptación Ao Cambio Climático de Santiago de Compostela
Santiago de Compostela

O Ibader da USC participa no proxecto Entre Sar e Sarela que puxo en marcha a Concellaría de Sustentabilidade Ambiental, Dereitos dos Animais, Servizos Básicos Comunitarios, Parques e Xardíns e Vías e Obras do Concello de Santiago co obxecto de renaturalizar a cidade, conectando o Anel Verde coa trama urbana, recuperando a biodiversidade e creando espazos máis saudables e resilientes.

A Estratexia de Infraestrutura Verde e Adaptación Ao Cambio Climático de Santiago de Compostela foi elaborada polo IBADER, no marco do proxecto ‘Entre Sar e Sarela’ financiado pola Convocatoria Ciudades da Fundación Biodiversidad e no que son socios o concello de Santiago de Compostela e o IBADER.

Para  identificar as necesidades reais e as oportunidades de cada contorna, o proxecto busca a participación de toda a cidadanía, e especialmente tamén a do profesorado e persoal investigador da USC.

A tal fin, hai organizadas dúas xornadas nas que se explicarán os detalles e actuacións realizadas no proxecto ademais de abrir un espazo de diálogo activo para recoller ideas, suxestións e propostas. A primeira das sesións, de 1 hora de duración, será o 9 de decembro ás 18.00 horas no Centro Sociocultural Maruxa e Coralia (Praza de Salvador Parga, 4) e a seguna o 10 á mesma hora no Centro Sociocultural Pontepedriña (Amor Ruibal, 26, baixo). Para facilitar a organización e o aforo, hai que incribirse previamente. 

Cartel da actividade
Cartel da actividade
Os contidos desta páxina actualizáronse o 04.12.2025.