Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

O profesor da USC Roberto Iglesias trata na EPS de Enxeñaría a relación entre robots e humanos nunha sesión divulgativa

Cartaz da sesión divulgativa respecto da relacións entre robots e humanos, na EPS de Enxeñaría de Lugo
Cartaz da sesión divulgativa respecto da relacións entre robots e humanos, na EPS de Enxeñaría de Lugo
A charla ‘Robots e humanos adaptándose mutuamente: Unha simbiose perfecta? ou unha relación difícil?’ desenvolverase este luns, ás 12.15 horas no centro lugués
Lugo

O profesor da área de Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial do Departamento de Electrónica e Computación da USC no campus de Lugo Roberto Iglesias Rodríguez abordará este luns 23 de setembro, a partir das 12.15 horas, no salón de actos da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría, a relación entre robots e humanos, ao tempo que explicará algunhas das estratexias de aprendizaxe destes dispositivos tecnolóxicos, a través das que se adaptan e chegan a interaccionar coa súa contorna.

A charla divulgativa que impartirá o profesor Iglesias Rodríguez leva por título ‘Robots e humanos adaptándose mutuamente: unha simbiose perfecta? ou unha relación difícil?’ e servirá tamén para analizar as diversas reaccións positivas e negativas que espertan ou provocan os robots entre a poboación humana.

A sesión, de acceso libre e gratuíto ata completar o aforo, está orientada especialmente ao alumnado do grao en Robótica que vén de implantarse este curso no centro universitario lugués, pero tamén aos demais estudantes da EPS de Enxeñaría, así como a calquera público interesado na temática.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 20.12.2019.