Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

Fondo pesar polo pasamento de Paula Alvarellos

A USC expresa o seu fondo pesar polo pasamento de Paula Alvarellos
A USC expresa o seu fondo pesar polo pasamento de Paula Alvarellos
Alcaldesa do Concello de Lugo, foi membro do Consello Social da USC entre 2017 e 2021
Lugo, Santiago de Compostela

A USC manifesta o seu fondo pesar polo pasamento de Paula Alvarellos, alcaldesa do Concello de Lugo tras sufrir un infarto na tarde do venres. Do mesmo xeito, a institución académica traslada as súas condolencias á corporación municipal, familia e amizades de Paula Alvarellos.

Licenciada en Dereito na USC, tamén estivo vinculada coa docencia do mestrado de Avogacía e foi membro do Consello Social da USC entre 2017 e 2021. Ao longo do seu período de goberno iniciado en xaneiro de 2024, manifestou especial sensibilidade cara a dimensión universitaria da cidade e as necesidades do Campus lucense. Neste senso, destacou polo seu constante impulso a prol do campus universitaria da cidade.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 06.03.2025.