Ir o contido principal

Farmacia celebrou a súa patroa

O reitor presidiu o acto da festividade de Farmacia. Foto: Santi Alvite
O reitor presidiu o acto da festividade de Farmacia. Foto: Santi Alvite
No acto académico, a directora da Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios pronunciou unha conferencia

A comunidade universitaria da Facultade de Farmacia celebrou este venres no centro a festividade da súa patroa, a Inmaculada Concepción, nun acto académico que presidiu o reitor da Universidade de Santiago, Antonio López, acompañado da decana da Facultade, Reyes Laguna Francia. No seu transcurso, a directora da Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios (AEMPS), María Jesús Lamas Díaz, pronunciou a conferencia ‘Ciencias regulatorias ao servizo da saúde pública’.

Entre as autoridades académicas e civís que interviñeron estaban ademais a secretaria do centro, Matilde Casas Parada, que deu lectura á memoria anual; a subdirectora xeral de Farmacia da Consellaría de Sanidade, Silvia María Reboredo García, e o secretario xeral de Universidades da Consellaría de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, José Alberto Díez de Castro.

Recoñecementos e premios

Na cerimonia entregóuselle a Insignia de ouro da Facultade a María Ángeles Seoane Millán e Eugenio Uriarte Villares, persoal do centro xubilado o pasado curso. Ademais, procedeuse á entrega dos seus diplomas de doutoras e doutores a Lucía Bada Díaz, Guillermo Blanco Fernández, Andrea Cuartero Martínez, Alfonso Fernández Blanco, Iago González Prada, Darío Miranda Pastoriza, Laura Piñeiro Alonso e Laura Taina González.

Finalmente, déronse os premios do XII Concurso de ideas para a portada de Traballo Fin de Grao da Facultade de Farmacia que patrocina CBNK Bancofar Salud e que entregou a representante da entidade Sonia Fernández López. A gañadora foi Lara Pazos Soto coa portada ‘Farmacia, Coñecemento e Historia’. Houbo ademais accésits para Marta Alonso Sobral pola portada ‘Farmacia: A orixe do Benestar’ e para María Blanco Vales por ‘Scientia ad salutem. A Ciencia ao servizo da saúde’.
 

O acto contou coa asistencia de numeroso público. Foto: Santi Alvite
O acto contou coa asistencia de numeroso público. Foto: Santi Alvite
A directora da Axencia Española de Medicamentos, María Jesús Lamas, pronunciou a conferencia central do acto. Foto: Santi Alvite
A directora da Axencia Española de Medicamentos, María Jesús Lamas, pronunciou a conferencia central do acto. Foto: Santi Alvite
Os contidos desta páxina actualizáronse o 05.12.2025.