Ir o contido principal

Estudantado do grao en Xestión Cultural organizou no Culturgal a presentación do ‘Directorio de Artistas Globais na Galiza’

Estudantado da USC no Culturgal
Estudantado da USC no Culturgal
Catro estudantes do Mestrado en Servizos Culturais crearon ademais un “museo vivo” con instalacións que representan diferentes dimensións da experiencia feminina
Lugo

O estudantado da Facultade de Humanidades da USC desenvolveu un activo rol na Feira de Industrias Culturais de Galicia a través da organización de diferentes actividades que serviron para poñer en práctica as competencias adquiridas nas titulacións ofertadas neste centro do Campus de Lugo. Así estudantado do grao en Xestión Cultural organizou a presentación do ‘Directorio de Artistas Globais na Galiza’, mentres que catro estudantes do Mestrado en Servizos Culturais crearon ademais un “museo vivo” con instalacións que representan diferentes dimensións da experiencia feminina.

O directorio é un dos resultados principais do proxecto de investigación ‘Mulleres á fronte dende o Sur Global’, unha iniciativa financiada por Cooperación Galega e dirixida pola profesora da USC, Luzia Oca. O proxecto foi concibido como un proceso de investigación-acción participativa, orientado a crear un diálogo de saberes e experiencias entre mulleres para recoñecer, visibilizar e fortalecer a creación artística das mulleres migrantes en Galicia. A presentación do directorio foi moderado por Aine Tasende Costas, estudante de primeiro curso do Grao en Xestión Cultural.
 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 04.12.2025.