Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

Chega a cuarta edición do programa ‘Unha enxeñeira ou científica en cada cole’

Chega a cuarta edición do programa ‘Unha enxeñeira ou científica en cada cole’
Chega a cuarta edición do programa ‘Unha enxeñeira ou científica en cada cole’

O CEIP de Roxos será este ano o centro co que dea comezo o luns 6 a cuarta edición do programa ‘Unha enxeñeira ou científica en cada cole’. A profesora do Departamento de Enxeñaría Química da USC Almudena Hospido impartirá o obradoiro A túa pegada no planeta.

Organizado pola USC a través da súa Oficina de Igualdade de Xénero e en colaboración co Concello compostelán, o ciclo ten como finalidade visibilizar mulleres enxeñeiras e científicas para crear referentes femininos e incentivar a presenza de rapazas en carreiras relacionadas coas disciplinas coñecidas como STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas).

Nesta ocasión o programa consta de 18 obradoiros didácticos no que participa alumnado de cuarto de Primaria de dez colexios públicos de Santiago: Apóstolo Santiago, Cardeal Quiroga Palacios, López Ferreiro, Mestre Rodríguez Xixirei, Monte dos Postes, Pío XII, Raíña Fabiola, Ramón Cabanillas, Roxos e Vite I.

Todos eles son impartidos por profesoras e investigadoras da USC de diferentes áreas (Astronomía, Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial, Electrónica e Computación, Enxeñería Química, Física Aplicada, Matemática Aplicada, Química Inorgánica, Química Orgánica, Química Analítica, Óptica) e por investigadoras do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA).

Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.05.2019.