O Consello de Goberno está composto polo reitor ou a reitora, o secretario xeral ou a secretaria xeral, o xerente ou a xerenta e os vicerreitores ou vicerreitoras e 41 membros da comunidade universitaria.
O Consello de Goberno está composto polo
O reitor ou a reitora.
O secretario xeral ou a secretaria xeral.
O xerente ou a xerenta.
Os vicerreitores ou vicerreitoras.
41 membros da comunidade universitaria coa seguinte distribución:
25 representantes do Claustro Universitario, elixidos polo sector correspondente de entre os seus membros, garantindo a presenza de representantes dos campus de Santiago e Lugo, coa seguinte composición:
8 membros do profesorado doutor con vinculación permanente.
4 membros do restante persoal docente e investigador.
9 estudantes.
4 membros do persoal de administración e servizos.
9 decanos ou decanas e directores ou directoras de escola, con presenza cando menos de dous do Campus de Lugo.
5 representantes dos directores ou directoras de departamento, un por cada gran rama do coñecemento.
2 representantes dos directores ou directoras de institutos universitarios de investigación, dos directores ou directoras de escolas de doutoramento e doutras estruturas universitarias de investigación.
3 representantes do Consello Social non pertencentes á comunidade universitaria.
Son competencias do Consello de Goberno:
Crear, modificar e suprimir:
os departamentos, e decidir a súa adscrición aos centros e ratificar os regulamentos de réxime interno dos centros e departamentos.
os servizos e unidades de apoio á docencia e á investigación, de promoción e asistencia á comunidade universitaria e de xestión e administración xeral.
Crear escalas de persoal de administración e servizos non contempladas nos Estatutos e establecer o seu réxime retributivo.
Aprobar:
os sistemas xerais de avaliación dos centros, departamentos, institutos, escolas de doutoramento e servizos da Universidade e do seu persoal.
os plans de estudo.
as relacións de postos de traballo do persoal docente e investigador e do persoal de administración e servizos da Universidade e modificalas de ser o caso.
os convenios de colaboracións con outras universidades ou entidades públicas ou privadas.
a normativa das licenzas por estudos do persoal docente e investigador da Universidade e decidir sobre a súa concesión.
Designar os membros das comisións de selección de persoal docente e investigador.
Nomear unha Comisión de Revisión para valorar as reclamacións que se presenten contra as resolucións dos concursos de selección de persoal docente e investigador contratado, agás para as prazas de contratado doutor.
Elixir os seus representantes no Consello Social.
Aprobar:
o proxecto de orzamento que se lle proporá ao Consello Social.
as normas e procedementos para o desenvolvemento e a execución orzamentaria, no marco dos establecidos pola Comunidade Autónoma.
a distribución de créditos entre centros, departamentos, institutos, escolas de doutoramento e servizos.
Examinar e aceptar a memoria económica e a liquidación do orzamento.
Propoñer ao Consello Social:
o proxecto de programación e as súas actualizacións anuais.
a creación ou modificación de sociedades mercantís, fundacións ou outras persoas xurídicas e a participación da Universidade en entidades xa creadas.
a afectación ao dominio público dos bens universitarios e a súa desafectación, así como os procedementos de adquisición e alleación de bens patrimoniais.
Propoñer:
o límite de prazas das titulacións e os procedementos para a admisión do estudantado.
o nomeamento e, de ser o caso, a contratación de profesorado emérito.
o nomeamento de doutores e doutoras honoris causa.
Iniciar o procedemento de creación e supresión dos centros no estranxeiro que impartan ensinanzas de ámbito universitario e acordar a súa modificación.