A USC convoca axudas de mobilidade a universidades europeas ao abeiro do Programa Erasmus+ dirixidas ao estudantado da USC matriculado nun grao, programa de simultaneidade (dobre grao) ou máster oficial de máis de 60 créditos ECTS.
As bases reguladoras do programa contéñense no documento da convocatoria. Para obter orientación durante o proceso, pódese pedir asesoramento aos/ás Responsables de Internacionalización dos Centros (RIC) e coordinadores/as académicos/as de mobilidade (CAM) Erasmus+ de cada centro.
Enderezo electrónico de contacto: erasmus [at] usc.gal (erasmus[at]usc[dot]gal).
Prazo de solicitude: 27/11/2025 (00.00h.) - 22/12/2025 (23.59h.)
A solicitude realizarase en liña, a través da Secretaría Virtual da USC.
O procedemento de selección estrutúrase en dúas fases:
Na primeira fase compróbase a elixibilidade das persoas candidatas por cumprir os requisitos
Na segunda fase, os centros asignan un destino ao alumnado, segundo o expediente académico, os coñecementos lingüísticos acreditados ou a adecuación ao programa ou convenio de intercambio.
Cabe sinalar que a adxudicación da praza de mobilidade na USC non implica que a persoa solicitante sexa necesariamente aceptada na institución de destino.
O número de créditos que ordinariamente se incluirán no acordo de estudos é o equivalente a 60 ECTS para un curso académico completo ou o equivalente a 30 ECTS para un semestre, aínda que poidan contemplarse outros límites de xeito excepcional e por circunstancias académicas acreditadas.
- Alumnado matriculado como estudante regular na USC no curso 2024/ para realizar estudos oficiais de grao ou en másteres oficiais de máis de 60 ECTS e que vaia formalizar matrícula na USC na mesma titulación no curso 2026-27.
- Ter superado o 15% dos créditos da súa titulación, con data 31/10/2025.
- Coñecemento da lingua indicada para cada universidade de acollida no Anexo I (B1 ou nivel superior se o solicita a universidade de acollida).
A mobilidade pode ser para un semestre ou un curso académico completo, segundo o establecido entre a USC e a universidade de acollida.
Para ser considerada deberá ter unha duración mínima de 2 meses e máxima de 12 meses e finalizar antes do 30 de setembro de 2027.
Convocatoria
Taboleiro de anuncios - Sede electrónica (publicada 26/11/2025)
Resolucións derivadas da convocatoria
Toda a documentación requirida pola convocatoria (anexos e documentación de trámites da mobilidade), así como outra documentación informativa sobre o proceso de intercambio está recollida na intranet da Oficina de Mobilidade.