A Asociación Cultural o Castro comezou a súa actividade en 1990 na parroquia de Baión, Vilanova de Arousa.
Pouco a pouco foi aumentando a cantidade e calidade das súas actividades, así coma o seu ámbito territorial de actuación. A partir de 2012 lévanse a cabo, entre outros, proxectos medioambientais, de carácter etnográfico e, sobre todo, de carácter social. Nos máis de trinta anos de historia, a asociación foi medrando ata ter máis de 2.500 socias/os
Xestión cultural e programación de festivais
Participar nas reunións previas aos festivais na súa elaboración, facer un seguimento activo da xornada e realizar unha posterior avaliación, sempre apoiados polo persoal de referencia.
- Horario: dúas o tres veces ao mes, de 19:30 a 21:30 h.
- Prazas: 1