-
Créditos ECTS
Créditos ECTS: 3Horas ECTS Criterios/Memorias
Traballo do Alumno/a ECTS: 51
Horas de Titorías: 3
Clase Expositiva: 9
Clase Interactiva: 12
Total: 75Linguas de uso
Castelán, GalegoTipo:
Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021Departamentos:
Edafoloxía e Química Agrícola, Produción Vexetal e Proxectos de EnxeñaríaÁreas:
Edafoloxía e Química Agrícola, Produción VexetalCentro
Escola Politécnica Superior de EnxeñaríaConvocatoria:
Primeiro semestreDocencia:
Con docenciaMatrícula:
Matriculable -
Introducir aos estudantes nas metodoloxías de desenvolvemento e emprego de modelos sobre ciclos de nutrintes e consumo de auga en formacións forestais.
Resultados esperados da aprendizaxe
Adquirir formación sobre os procesos e modelos de ciclos de nutrintes, carbono a auga que teñen lugar nos sistemas produtivos e naturais. Esas ferramentas permitirán avaliar a sostibilidade dos diferentes tipos de xestión, así como os beneficios ambientais destes sistemas.A Memoria de título contempla para esta materia os seguintes contidos: Modelos para a xestión nutricional e ciclos de nutrientes en bosques. Reposición de nutrientes mediante procesos naturais e fertilización. Balance de auga, nutrientes e carbono. Beneficios ambientais. Modelos de captura de carbono en bosques.
Estes contidos serán desenvolvidos de acordo co seguinte temario:
Programa teórico:
-Tema 1. Introducción e nutrientes esenciais. 1 h
-Tema 2. Procesos fundamentais en ciclos de nutrientes. 1 h
-Tema 3. O ciclo da auga. O ciclo do carbono. 2 h
-Tema 4. Ciclos de macronutrientes. 1 h
-Tema 5. Estado nutricional: diagnóstico visual. 2 h
-Tema 7. Fertilizantes de uso forestal. 1 h
-Tema 9. Xestión nutricional de plantacións. 1 h
-Tema 11. Titorías. Modelos de fixación de carbono. 3 h
Programa práctico:
-Tema 6. Estado nutricional: diagnóstico foliar e ensaios de fertilización. 3 h
-Tema 8. Fertilización forestal aplicada. 2 h
-Tema 10. Interactivo. Modelos de proceso e consumo de auga. 4 h
-Tema 12. Interactivo. Visita a parcelas de ensaios de aplicación de cinzas e fertilizantes. 3 hBásica
-Fisher, R.F., Binkley, D., 2000. Ecology and management of forest soils. Wiley, 489 pp.
Complementaria
-Dell, B., Malajczuk, N., Xu, D., Grove, T. S., 2001. Nutrient disorders in plantation eucalypts, 2nd edn. ACIAR Monograph No.74. Australian Centre for International Agricultural Research, Canberra, Australia, 188 pp.
-Attiwill, PM, Adams, MA., Nutrition of Eucalypts, CSIRO PUblishing
-Bonneau, M., 1995. La fertilization des forêts dans les pays tempérés. ENGREF, Nancy, 367 pp
-Will, GM., Nutrient deficiencies and fertilizer use in New Zealand exotic forests. FRI Bulletin 97. Rotorua, 53 pp.
-Bará, S., Fertilización forestal, Xunta de Galicia
- Barker, Allen V., Pilbeam, David J. 2007. Handbook of plant nutrition. CRC Press, 613 pp.Nesta materia o alumno adquirirá ou practicará unha serie de competencias xenéricas e específicas propias da enxeñería de montes. Dentro do cadro de competencias deseñado para a titulación, traballaranse as seguintes:
Competencias básicas, xerais e transversais:
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade para a orixinalidade no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que deberá ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
CG2 - Capacidade para deseñar, dirixir, elaborar, implementar e interpretar proxectos e plans de actuación integrais no medio natural.
CT7 - Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, concisa e coherente.
CT10 - Utilización de información bibliográfica e de Internet.
CT11 - Utilización de información en lingua estranxeira.
Competencias específicas:
CE48 - Adquirir formación sobre os procesos e modelos de ciclo de nutrintes, carbono e auga que teñen lugar nos sistemas produtivos e naturais. Estas ferramentas permitirán avaliar a sostibilidade dos diferentes tipos de xestión, así como os beneficios ambientais destes sistemas.A docencia incluirá tanto actividades presenciais, expositivas (9 h) ou interactivas (12 h), como de laboratorio ou prácticas de campo.
Na docencia expositiva incluiranse resumos e análises xenerais do estado da arte en temas clave, orientando ó alumno para o acceso a información complementaria no seu traballo persoal. Nas clases interactivas discutiranse os traballos desenvolvidos polos alumnos e desenvolveranse prácticas de laboratorio e unha visita de campo a parcelas de ensaio. A asistencia ás clases considérase necesaria para a superación da materia.
As metodoloxías concretas a aplicar serán:
-Leccións maxistrais participativas. Traballaranse as competencias: CE48, CT11, CB6
-Prácticas de campo. Traballaranse as competencias: CE48, CB9
-Utilización da aula virtual. Traballaranse as competencias: CE48, CT10
-Realización de presentacións mediante ordenador. Traballaranse as competencias: CE48, CT11, CT7, CB9
-Resolución de problemas. Traballaranse as competencias: CE48, CG2
-Titorías individualizadas. Traballaranse as competencias: CE48, CB10
O traballo non presencial realizado polo alumno debe consistir no estudio da materia (preparación de temas e preparación de probas de avaliación), consulta de material adicional e recopilacións bibliográficas (incluíndo referencias en inglés), resolución de exercicios, traballo con follas de cálculo e modelos de simulación (traballo posterior sobre as prácticas) e preparación do traballo de curso.Avaliación: mediante unha combinación dos seguintes aspectos:
Asistencia a clases expositivas e interactivas (indispensable). Peso do 20%.
Probas escritas: 40%. Competencias cubertas: CG2, CT10, CT11, CE48
Entrega de exercicios e traballos propostos: 20%. Competencias: CB6, CB10, CG2, CE48
Presentación de traballos: 20%. Competencias: CB6, CB9, CB10, CT7, CT10, CT11 e CE48.
O tempo adicado á realización de probas escritas será de 3 h
Para a superación da materia en oportunidade extraordinaria de recuperación as condiciones serían idénticas, requeríndose a superación tanto da proba escrita como da parte de avaliación continua (exercicios, traballos e asistencia a clase). No caso de alumnado repetidor, poderá manterse a cualificación da avaliación continua conseguida en cursos anteriores. No el caso del alumnado con dispensa de asistencia, deberá realizar as prácticas obligatorias, incluindo a viaxe, polo que a dispensa só será aplicable ás clases expositivas.
Nos casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas aplicarase o disposto no "Regulamento de avaliación do rendemento académico dos estudantes e revisión de cualificacións" (artigo 16 da Resolución do 15/06/2011 da USC, DOG do 21/07/2011).O correspondente á asignación de 3 créditos ECTS á materia, o que suporía 48 h. Unha distribución posible sería: 2 horas de traballo en grupo, 18 h de lectura e preparación de temas, 5 h de realización de exercicios, 8 h de preparación previa das prácticas e traballo posterior sobre as mesmas, 5 h de elaboración de traballos de curso e 10 h de preparación de probas de avaliación, xunto con 3 h de realización de ditas probas.
Asistencia a clases e uso do horario de titorías do profesorado.
-
Roque Rodríguez Soalleiro
Coordinador/a- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Produción Vexetal
- Correo electrónico
- roque.rodriguez@usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Maria Josefa Fernandez Sanjurjo
- Departamento
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Área
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Teléfono
- 982823141
- Correo electrónico
- mf.sanjurjo@usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Esperanza Alvarez Rodriguez
- Departamento
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Área
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Correo electrónico
- esperanza.alvarez@usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Pablo Souza Alonso
- Departamento
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Área
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Correo electrónico
- pablo.souza@usc.es
- Categoría
- Posdoutoral Xunta
-
1º semestre - Do 16 ao 22 de setembro Luns 09:00-10:00 Grupo /CLE_01 Galego, Castelán Aula 5 (Aulario 2) 10:00-11:00 Grupo /CLIL_01 Castelán, Galego Aula 5 (Aulario 2) Martes 09:00-10:00 Grupo /CLE_01 Galego, Castelán Aula 5 (Aulario 2) 10:00-11:00 Grupo /CLIL_01 Galego, Castelán Aula 5 (Aulario 2) Xoves 11:00-12:00 Grupo /CLE_01 Galego, Castelán Aula 5 (Aulario 2) 12:00-13:00 Grupo /CLIL_01 Galego, Castelán Aula 5 (Aulario 2) Exames 14.01.2025 16:00-20:00 Grupo /CLE_01 Seminario I (Pav.III) 04.07.2025 10:00-14:00 Grupo /CLE_01 Seminario I (Pav.III)