-
Créditos ECTS
Créditos ECTS: 3Horas ECTS Criterios/Memorias
Horas de Titorías: 2
Clase Expositiva: 12
Clase Interactiva: 10
Total: 24Linguas de uso
Castelán, GalegoTipo:
Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021Departamentos:
Psicoloxía Social, Básica e MetodoloxíaÁreas:
Psicoloxía SocialCentro
Escola Técnica Superior de EnxeñaríaConvocatoria:
Segundo semestreDocencia:
Con docenciaMatrícula:
Matriculable | 1ro curso (Si) -
O obxectivo xeral da materia é dotar ás/aos estudantes das competencias básicas relacionadas cun desempeño eficaz das denominadas “Habilidades de Dirección” ou “ soft skills”; competencias de tipo transversal, non técnico, que lles permitirán incrementar a súa capacidade de empregabilidade e responder, dunha maneira eficaz, a moitas das demandas derivadas do desempeño das súas actividades profesionais.
Este obxectivo xeral operativízase nos seguintes obxectivos específicos:
• Adquirir un repertorio de coñecementos e información sobre os principais procesos implicados na xestión do comportamento organizacional.
• Tomar conciencia da importancia do factor humano na organización.
• Coñecer de maneira introdutoria métodos, técnicas, instrumentos, estratexias e procedementos de intervención sobre o comportamento humano nas organizacións.
• Adquirir hábitos de observación, análise, comprensión e interpretación dos problemas sobre os que terá que intervir para contribuír á súa solución.1. A comunicación eficaz nas relacións interpersoais e nas organizacións.
1.1. Funcións da comunicación.
1.2. A comunicación interpersoal nas organizacións.
1.3. A comunicación organizacional formal: Os fluxos de comunicación interna na organización.
1.4. A comunicación organizacional informal.
1.5. Redes organizacionais de comunicación.
2. A motivación laboral.
2.1. A motivación no contexto organizacional: Concepto.
2.2. Teorías de Contido da Motivación.
2.3. Teorías de Proceso da Motivación.
2.4. Aplicación dos principios teóricos á xestión de RRHH.
3. O proceso de toma de decisións.
3.1. Definición, problemas e condicións.
3.2. Modelos normativos da toma de decisións: O Home Económico.
3.3. Modelos descritivos da toma de decisións: O Home administrativo.
4. O liderado e a dirección de equipos.
4.1. Liderado organizacional.
4.2. Os equipos de traballo.
4.3. Liderado e participación: Modelo de Vroom e Yetton.
5. O conflito e as estratexias de xestión dos conflitos.
5.1. O conflito organizacional: concepto.
5.2. O proceso do conflito.
5.3. Estratexias para a xestión do conflito.
5.4. A negociación.
5.5. A mediación e a arbitraxe.BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
- Robbins, S.P. y Judge, T.A. (2017). Comportamiento Organizacional (17ª ed.). Pearson. [SIGNATURA: Q9 422 | Disponible en formato eBook]
- Robbins, S.P. y Judge, T.A. (2010). Introducción al Comportamiento Organizativo (10ª ed.). Pearson. [SIGNATURA: PE 1136 | Disponible en formato eBook]
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
- Albadalejo, M. (2007). La comunicación más allá de las palabras: Qué comunicamos cuando creemos que no comunicamos. Graó. [SIGNATURA: 37 5888]
- Hargie, O., & Dickson, D. (2004). Skilled interpersonal communication: Research, Theory, and Practice (4th ed.). Routledge. [Disponible en formato eBook]
- Haslam, S. A., Reicher, S. D., & Platow, M. J. (2020). The new psychology of leadership: Identity, influence, and power (2nd Ed.). Routledge. [SIGNATURA: PS17 123]
- Gil, F. y Alcover, C.M. (Coords.) (2014). Introducción a la Psicología de las Organizaciones. Madrid: Alianza editorial. [SIGNATURA: PS15 618 | Dispoñible en formato eBook]
- Gómez-Mejía, L., Balkin, D. y Cardy, R. (2008). Gestión de Recursos Humanos. Pearson-Prentice Hall. [SIGNATURA: Q10 69]
- Luthans, F. (2008). Comportamiento Organizacional (11ª ed.). México: McGraw Hill. [SIGNATURA: PS15 999]
- Munduate. L. y Medina, F.J. (2013). Gestión del conflicto, negociación y mediación. Madrid: Pirámide. [SIGNATURA: PS14 2019 A | Disponible en formato eBook]
- Rees, W. D., & Porter, C. (2015). Skills of management and leadership: Managing people in organisations. Macmillan International Higher Education.
- Salas, E., Tannenbaum, S., Cohen, D., & Latham, G. (Eds.). (2013). Developing and enhancing teamwork in organizations: Evidence-based best practices and guidelines. John Wiley & Sons.
- Van-der Hofstadt, C. y Gómez, J. M. (2013). Competencias y habilidades profesionales para universitarios. Ediciones Díaz de Santos. [SIGNATURA: EM 1192]
NOTA: Á súa vez, as/os estudantes terán á súa disposición, no Campus Virtual, diferentes seccións de apoio á docencia, nas que atoparán multitude de ferramentas e recursos.COMPETENCIAS BÁSICAS
CB6. Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB7. Que as/os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB8. Que as/os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB9. Que as/os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
CB10. Que as/os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
COMPETENCIAS XERAIS
CG1. Identificar e enunciar problemas ambientais.
CG6. Dirixir e organizar empresas, así como sistemas de produción e servizos, aplicando coñecementos e capacidades de organización industrial, estratexia comercial, lexislación mercantil e laboral, contabilidade financeira e de custos.
CG7. Dirixir e xestionar a organización do traballo e os recursos humanos aplicando criterios de seguridade industrial, xestión da calidade, prevención de riscos laborais, sustentabilidade, e xestión ambiental (boas prácticas).
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
CT1. Desenvolver capacidades asociadas ao traballo en equipo: cooperación, liderado, saber escoitar.
CT2. Liderar e definir equipos multidisciplinares capaces de resolver cambios técnicos e necesidades directivas en contextos nacionais e internacionais.
CT7. Dominio da xestión do tempo e de situacións críticas.
CT8. Habilidade para as relacións interpersoais.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
CE7. Dirixir e xestionar técnica e economicamente proxectos, instalacións, plantas, empresas e centros tecnolóxicos no ámbito da industria de procesos ambientais e os sectores industriais relacionados.
CE8. Abordar un problema real de Enxeñería Ambiental baixo unha perspectiva científico‐técnica, recoñecendo a importancia da procura e xestión da información existente e da lexislación aplicable.
CE10. Ser capaz de aplicar ferramentas de xestión ambiental (Estudos de impacto ambiental, Análise de ciclo de vida, Ecoloxía industrial, Tecnoloxías limpas, Normas ISO, EMAS) á hora de realizar informes ou proxectos.A docencia da materia desenvolverase a través de diversos tipos de metodoloxías docentes, a saber:
1) Clases expositivas participativas, que están orientadas á capacitación dos estudantes respecto a a adquisición dos coñecementos relativos aos tópicos incluídos no programa.
2) Seminarios e clases interactivas. Os seminarios teñen a finalidade de profundar nalgún dos temas do programa mediante un tratamento máis especializado. Pola súa banda, clases interactivas serán de dous tipos: (a) As de carácter "expresivo", orientadas a experimentar e demostrar empiricamente algúns dos procesos ou efectos explicados; e, ( b) as de carácter "instrumental", que teñen por obxecto dotar ás/aos estudantes das competencias profesionais necesarias para aplicar en situacións reais as habilidades tratadas a nivel teórico.
3) Titorías, que supoñen unha relación directa e presencial, para un asesoramento continuo e a profundización nos contidos teóricos expostos polo profesor, o seguimento da aplicación dos contidos prácticos incluídos nos traballos das/dos estudantes, así como atender dúbidas.
4) Actividades de avaliación. As actividades de avaliación continua, xunto coas titorías individuais e/ou grupais, permitirán a retroalimentación do progreso de cada estudante ao longo do semestre. A avaliación final valorará o nivel de coñecementos adquirido respecto dos contidos do programa da materia.
Ademais, cada estudante terá á súa disposición, no Campus Virtual da USC, unha e-aula de apoio á docencia presencial.
A docencia telemática, de ser necesaria, realizarase mediante a plataforma Microsoft Teams.A avaliación da adquisición de habilidades e actitudes realizarase de modo continuo, en función da asistencia, a participación e do desempeño das/dos estudantes en as tarefas programadas ao longo do semestre (p. ex., seminarios, estudos de caso, simulacións, titorías, etc.).
A avaliación de competencias relacionadas coa adquisición dos coñecementos teóricos presentados nas sesións presenciais (expositivas e interactivas) da materia, realizarase mediante unha dobre vía: (1) Un exame escrito (tipo "test"), que deberán realizar todas/os as/os estudantes matriculadas/os na mesma; e (2) a presentación dun proxecto final grupal, que será avaliado atendendo á calidade do mesmo (v.g., estrutura, orixinalidade, viabilidade, e calidade da presentación).
A cualificación final de cada estudante na materia (máximo de 10,0 puntos) resultará do sumatorio das cualificacións obtidas en cada un dos criterios propostos, de acordo coa seguinte táboa de valores:
• Actividades de avaliación continua: 2,0 puntos (CB6, CB7, CB8, CB9, CB10, CG1, CG7, CT1, CT2, CT7, CT8, CE10).
• Titorías: 1,0 punto (CB8, CB10, CG1, CT1, CT2, CE10).
• Proxecto de consultoría: 4,0 puntos (CB7, CB8, CB9, CG6, CG7, CT1, CT2, CT7, CT8, CE7, CE8, CE10).
• Exame Final: 3,0 puntos (CB6, CB8, CB10, CG1, CT7, CE8).
As condicións de avaliación da materia na segunda oportunidade e para estudantes repetidoras/es serán as mesmas que as fixadas para a avaliación final da convocatoria de xuño. No caso das/dos repetidoras/es, a puntuación obtida na avaliación continua gardarase durante outro curso académico máis.
As/os estudantes con dispensa da obrigación de asistencia terán dereito á docencia e á titorización correspondente de forma non presencial, atendendo ás especificidades da materia. Para verificar a adquisición das competencias previstas, deberán acceder de forma periódica ao campus virtual e realizar as actividades de avaliación continua programadas, respectando o calendario de actividades proposto.
NOTA: Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico das/dos estudantes e de revisión de cualificacións.Do total de 75 horas de traballo previsto para que cada estudante poida superar a materia, 26 horas destinaranse a actividades dirixidas de tipo presencial. As restantes 49 horas dedicaranse a actividades non presenciais, de traballo autónomo, distribuídas de acordo co seguinte plan de traballo:
ACTIVIDADES PRESENCIAIS:
• Sesións expositivas (12 h).
• Seminarios especializados (4 h).
• Clases prácticas (6 h).
• Titorías (2 h).
• Avaliación (Exame Final) (2 h).
Total de horas de actividades presenciais: 26 horas.
ACTIVIDADES NON PRESENCIAIS:
• Lectura e preparación do material de apoio ás clases expositivas (5 h).
• Lectura previa, análise e discusión (grupal) do material de apoio ás clases interactivas. Elaboración dos informes de prácticas (25 h).
• Preparación das titorías (4 h).
• Avaliación (Preparación do Exame Final) (15 h).
Total de horas de traballo persoal do estudante: 49 horasRECOMENDACIÓNS XERAIS
A asistencia ás clases presenciais facilita a comprensión e asimilación dos contidos da materia; achegando tamén unha gran cantidade de exemplos, referidos a diferentes contextos organizacionais, sobre as aplicacións e implicacións prácticas dos contidos teóricos tratados.
A asistencia ás clases prácticas resulta esencial para, na medida en que o escaso tempo do que se dispón o permita, adestrar habilidades básicas e experimentar con algúns dos modelos, técnicas e conceptos necesarios para poder intervir eficazmente no contexto organizacional.
Cada estudante terá á súa disposición, no Campus Virtual da USC, unha e-aula de apoio á docencia presencial que se empregará como eixo vertebrador de todas as actividades a realizar na materia.
RECOMENDACIÓNS SOBRE O SEGUIMENTO E A TITORIZACIÓN
Cada estudante contará, en todo momento, co apoio e a titorización que necesite, por parte do profesor da materia, para a correcta realización das tarefas que lle sexan encomendadas; tanto en horario de clases como fóra delas. Así pois, recoméndase que o estudantado, tanto individualmente como en grupo, utilice de modo frecuente as posibilidades que lle ofrece o horario de atención a estudantes do profesor, respectando os tempos de todas/os:
Carlos Montes Piñeiro (Despacho 91 - 2º piso, Módulo B da Fac. de Psicoloxía): Luns, Martes e Venres, de 10 a 12 h.
Recoméndase non deixar para última hora a elaboración dos informes correspondentes a cada unha das prácticas ou lecturas realizadas, co obxecto de poder entregalas dentro do prazo fixado (que é inamovible). Se o mencionado traballo non se planifica e executa con tempo suficiente, ao final a carga de tarefas asignadas ás/aos estudantes nas diferentes materias que conforman o semestre pode resultar excesiva.
O estudantado que presente necesidades específicas de apoio educativo, deberao notificar persoalmente ao Servizo de Participación e Integración Universitaria (SEPIU) para proceder a realizar, no seu caso, a adaptación curricular correspondente.
RECOMENDACIÓNS PARA A DOCENCIA TELEMÁTICA
É preciso dispoñer dun computador con micrófono e cámara para a realización das actividades telemáticas que se programen ao longo do curso. Recoméndase a adquisición de equipos coa contorna MS Windows, xa que outras plataformas non soportan algúns dos programas informáticos dispoñibles na USC.El idioma vehicular de la materia será el castellano.
-
Carlos Montes Piñeiro
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
- Área
- Psicoloxía Social
- Teléfono
- 881813803
- Correo electrónico
- carlos.montes@usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
-
2º semestre - Do 28 de abril ao 04 de maio Luns 12:00-14:00 Grupo /CLE_01 Castelán Aula A7 Martes 12:00-14:00 Grupo /CLE_01 Castelán Aula A7 Mércores 12:00-14:00 Grupo /CLE_01 Castelán Aula A7 Exames 05.06.2025 10:00-12:00 Grupo /CLIS_01 Aula A7 05.06.2025 10:00-12:00 Grupo /CLE_01 Aula A7 26.06.2025 16:00-18:00 Grupo /CLIS_01 Aula A7 26.06.2025 16:00-18:00 Grupo /CLE_01 Aula A7