Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

Máster de Formación Permanente en Avances en ciencias da familia e innovacións na educación

  • Curso 2024-2025
  • Código
    MP0208
    Tipo
    Máster de Formación Permanente
    Modalidade
    Híbrido
    Duración
    2 anos
    Créditos
    60.0
    Curso
    2024-2025
    Prezo
    1.200,00€
    Centro
    Facultade de Psicoloxía
    Dirección
    Carlos Dosil Diaz
    Cesar Bugallo Carrera
    Contacto

    carlos.dosil@usc.es

    Departamento / Centro Organizador
    Psicoloxía Evolutiva e da Educación

    Información:

    Carlos Dosil Díaz



    carlos.dosil@usc.es

    Facultade de Psicoloxía

    Procedemento

    Datas
    Duración: 13/01/2025 - 31/12/2025
    Preinscrición: 11/06/2024 - 30/10/2024
    Matrícula: 01/11/2024 - 20/12/2024

    Número alumnos/as mínimo: 23
    Número alumnos/as máximo: 40

    Seguro obrigatorio:
    20,69€ (Aos alumnos que formalicen matricula en cursos de Posgrao Propio, Formación Continua e Programa de Formación, se lles incluirá ademáis o importe do seguro obrigatorio de accidentes e asistencia en viaxe para estudantes da USC, segundo o establecido na normativa vixente (Acordo Consello Goberno 29 de xuño de 2009) e emitirase xunto coa 1ª liquidacion de matrícula. Excepto nos curso que sexan 100% virtuais, considerados estos por curso académico; e nos casos en que os alumnos teñan pagado este mesmo seguro nunha titulación da USC no presente curso académico.)

    Este curso engloba os seguintes cursos de posgrao ou formación continua:

    Código Nome do curso
    MP0208-FP0149 Curso de Formación Continua en Avances en Ciencias da Familia e Innovacións na Educación
  • Requisitos de acceso

    Psicólogos, pedagogos, psicopedagogos, mestres, traballadores sociais, educadores sociais, avogados, médicos, enfermeiros e aqueles outros que a xuizo da Comisión Académica poidan realizar o curso con aproveitamento sempre que sexan licenciados, graduados ou diplomados universitarios.

    Preinscrición

    Pode consultar un manual do procedemento de admisión na páxina web do CEP na columna de novidades ou clicando aquí
    Para realizar a solicitude de admisión acceda ao seguinte enlace da secretaria virtual
    https://matricula.usc.es/Posgrao/SolicitudeEstudosPropios

    Acceso a preinscrición e matrícula

    Sistema de selección

    Adecuación da titulación, entrevista, orde de preinscrición, expediente e méritos .

  • 1. Adquirir coñecementos teórico-prácticos da problemática que afecta a educación na familia e a escola, na sociedade actual, e as técnicas a utilizar para a solución das mesmas.
    2. Adquirir as habilidades necesarias para a intervención e o exercicio profesional tanto na familia como na escola
    3. Coñecer as áreas emerxentes que de forma directa inciden no desenrolo e no crecemento persoal
    4. Deseñar e aplicar diferentes tipos de programas e estratexias, acomodados ós procesos de ensinanza-aprendizaxe.

    A metodoloxía terá presente tanto a dimensión científica como a profesional do Curso.
    O Programa Presencial combinará as sesións maxistrais con traballos en pequenos grupos. As sesións presenciais serán completadas con un Programa Práctico que permitirá ós/ás estudantes recibir unha formación nos escenarios adecuados, e que será titorizada por un profesional do sector. O Programa das Actividades non Presenciais, tamén titorizadas por profesionais do Curso, completará a formación, que finalizará coa presentación dunha Memoria/Proxecto Final e dun Traballo Tutelado Aplicado.

  • Avaliación

    Continua, con 3 exames na modalidade de pregunta curta ou tipo test na fase presencial, e valoración das actividades encomendadas, na fase non presencial; presentación de: Proxecto/Memoria fin de Curso e documento justificativo de ter realizado o Traballo Tutelado Aplicado.

    Titorías

    Parte presencial Primeira semana: 13-17 xaneiro: Ecoloxía e Educación.Neurociencia/ O crecemento persoal dende o enfoque do cerebro pleno/ Educación emocional. Os anos avanzados da vida. Segunda semana: 20-24 xaneiro:/Aportacions do Coaching a unha educación de calidade na familia e na escola/Saude dixital, ciberseguridade e intelixencia artificial na familia e na escola. Terceira semana: 27 de xaneiro o 1 de febreiro: Saude dixital, ciberseguridade e intelixencia artificial na familia e na escola/Adiccions: Consumo, prevención e Intervención /A Familia e os seus contextos. Cuarta semana: 3-7 febreiro / Dificultades e trastornos do desenvolvemento/Trastornos Comportamentais e de Personalidade na infancia e adolescencia Quinta semana: 10-14 febreiro. Calidade Educativa. A xestion da calidade en educación/ Mediación escolar/Atención á diversidade. Altas capacidades/Innovacions na educación Parte non presencial Marzo 2024: Aportacions do Coaching a unha Educación de Calidade na Familia e na Escola. Abril 2024: Educación emocional/Adicciones: Consumo, Prevención e Intervención Maio-Agosto 2024: TFM. Setembro- Decembro 2024: Traballo Tutelado Aplicado. Parte non presencial: Marzo 2024: Os anos avanzados da vida. Modelos atencionais e de xestión/ Atención á diversidade ao longo do ciclo vital. Abril 2024: Orientación e mediación familiar e escolar. Intervención en situacións de crise. Maio- decembro: Traballo Tutelado Aplicado e TFM.

  • Parte presencial: De luns a venres: Do 13 de xaneiro ata o 14 de febreiro, de 9 a 14 horas e de 15.30 a 20.30 horas.

    Observacións

    O día de Santo Tomás as clases realizanse na Hospedería S. Martín Pinario co mesmo horario. Tamén se plantexa facer algunha sesión práctica nos seguintes lugares: Residencia de maiores A Veiga (Proba de S. Xiao, Lugo), Colexio SEK (Pontevedra), Proyecto Hombre.

  • Código Materia Créditos
    1 Calidade Educativa. A Xestion da Calidade en Educación. 3.0
    2 Traballo Tutelado Aplicado. 20.0
    3 Saude Dixital e Ciberseguridade na Familia e na Escola. 3.0
    4 Educación Emocional I. 3.0
    5 Aportacions do Coaching a unha Educación de Calidade na Familia e na Escola I. 2.0
    6 Ecoloxía e Educación. 1.0
    7 Neurociencia. O Crecemento Persoal dende o Enfoque do Cerebro Pleno. 1.0
    8 Dificultades e Trastornos do Desenvolvemento. 3.0
    9 Trastornos Comportamentais e de Personalidade na Infancia e Adolescencia. 2.0
    10 Orientación e Mediación Familiar e Escolar. Intervención en Situacións de Crise. 1.0
    11 Atención a Diversidade ao Longo do Ciclo Vital. 1.0
    12 Adiccións: Consumo, Prevención e Intervención I. 3.0
    13 A Familia e ós seus Contextos. 1.0
    14 Os Anos Avanzados da Vida. Modelos Atencionais e de Xestión. 1.0
    15 Educación Emocional II. 1.0
    16 Aportacions do Coaching a unha Educación de Calidade na Familia e na Escola II. 2.0
    17 Adiccións: Consumo, Prevención e Intervención II. 2.0
    18 Tfm. (2º Curso) 10.0
Os contidos desta páxina actualizáronse o 19.07.2022.