-
Créditos ECTS
Créditos ECTS: 3Horas ECTS Criterios/Memorias
Traballo do Alumno/a ECTS: 51
Horas de Titorías: 3
Clase Expositiva: 9
Clase Interactiva: 12
Total: 75Linguas de uso
Castelán, GalegoTipo:
Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021Centro
Escola Técnica Superior de EnxeñaríaConvocatoria:
Segundo semestreDocencia:
Sen docencia (En extinción)Matrícula:
Non matriculable (Só plans en extinción) -
A materia de TECNICAS E METODOLOXIAS EN LABORATORIOS DE I+D está englobada dentro do Módulo IV sobre INVESTIGACIÓN E DESENVOLVEMENTO do Máster en Enxeñaría Química e de Bioprocesos.
Obxectivos da materia:
Levar a cabo unha revisión das distintas ferramentas básicas e metodoloxías dispoñibles tanto no Departamento de Enxeñaría Química como nos servizos xerais da USC que permitan ao alumno coñecer as ferramentas utilizadas nas distintas liñas de investigación do Departamento.
Estudar a aplicabilidade de algunhas destas metodoloxías para determinar os parámetros máis importantes para a súa utilización posterior en actividades de seguimento, modelización e control dos distintos equipos e procesos utilizados.
Poñer en contacto aos alumnos cos distintos doutorandos de Departamento co fin de coñecer o día a día dos traballos de investigación dos mesmosOs contidos que se desenvolverán no curso están directamente relacionados cos indicados nos descritores da materia: “ Revisión das distintas ferramentas básicas dispoñibles en I D. Equipamentos e Servizos Xerais de apoio á investigación na USC. Técnicas instrumentais e analíticas nos laboratorios de investigación do Departamento de Enxeñaría Química da USC. Metodoloxías para a interpretación e aplicación á investigación dos resultados obtidos. Xestión de residuos en laboratorios de I+D “.
O programa da materia está constituído polos seguintes temas:
Tema 1. Caracterización de mostras ambientais I ( Sólidos e Biomasa) : Parámetros físicos: Velocidade de sedimentación, índices volumétricos, densidade e tamaño de partícula. Composición: DQO, sólidos en suspensión volátiles, proteínas, polisacáridos, ADN, análise elemental. Morfoloxía e identificación: microscopía electrónica, FISH e citometría de fluxo.
Tema 2. Caracterización de mostras ambientais II (Fases líquidas e gaseosas ): Espectrofotometría, cromatografía de gases, TOC, NTK, HPLC, FPLC, electroforeses capilar, electroforeses en gel, RMN, gases-masas, eléctrodos, microsensores, espectrometría de masas, espectroscopia.
Tema 3. Avaliación de actividades biolóxicas e aplicacións : Determinación de actividades.: Introdución. Produción de biogás. Consumo de sustrato. Respirometría. Actividades encimáticas. Métodos titrimétricos. Microcalorimetría. Medida de bioactividades de substancias naturais. Aplicacións: . Obtención de parámetros cinéticos. Biodegradabilidade e caracterización de augas residuais. Toxicidade e inhibición. Control e monitorización.
Tema 4. Técnicas baseadas na medida de propiedades físicas: Análise termogravimétrico. Técnicas calorimétricas. Técnicas de análises térmico (DSC e DMA). Técnicas reológicas. Técnicas viscosimétricas
Tema 5. Equipos e Infraestruturas de apoio á Investigación na USC (RIAIDT): Resonancia magnética. Raios X. Microscopía electrónica e confocal. Espectrometría de Masas. Espectroscopia IR-Raman. Análise elemental. Outros servizos. Instituto de cerámica de Galicia
Tema 6. Xestión de residuos en laboratorios de I D: Xestión de residuos líquidos e sólidos.
Identificación e clasificación dos residuos. Almacenaxe e xestión dos mesmos. O caso da USC.
Tema7 Casos de estudoBibliografía básica
APHA-AWWA-WPCF. Standard Methods for examination of water and wastewater. 17th Ed. Washington. (1989).
Bibliografía complementaria
SEVIOUR, R.J and L.L. BLACKALL. The microbiology of activated sludge. Dordrecht, Holanda.: Kluwer Academic Publishers, 1999.ISBN 0412793806
SOTO M., R MENDEZ. y J.M. LEMA. Bases cinéticas y microbiológicas en el diseño de digestores anaerobios. Ingeniería Química,1993, XXIV (274), 191-201. ISSN 0210-2064
SOTO M.,R. MENDEZ e J.M. LEMA. Methanogenic and non-methanogenic activity tests. Theoretical basis and experimental set up. Water. Res,1993, 27, 1361-1376.ISSN 1879-2448
SPANJERS, H., et al. Respirometry in control of the activated sludge process: Principles”. Scientific and Technical Report Nº 7. London : IAWQ, 1998. ISBN 1900222043
http://www.usc.es/gl/investigacion/riaidt/A materia está orientada a acadar as seguintes competencias recollidas na memoria del título:
Competencias básicas e xerais
CB7. Que os estudantes saiban aplicar os coñecemento adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos mais amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
CB10. Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo
CG12. Dirixir e xestionar a organización do traballo e os recursos humanos aplicando criterios de seguridade industrial, xestión da calidade, prevención de riscos laborais, sostenibilidade, e xestión medioambiental
CG13. Dirixir e realizar a verificación, o control de instalacións, procesos e produtos, así como certificacións, auditorías, verificacións, ensaios e informes
Competencias transversais
CT.2. Adaptarse aos cambios, sendo capaz de aplicar tecnoloxías novas e avanzadas e outros progresos relevantes, con iniciativa e espírito emprendedor.
CT4. Capacidade analítica, crítica e de síntese.
Competencias específicas
CE.6. Deseñar produtos, procesos, sistemas e servizos da industria química, así como a optimización doutros xa desenvolvidos, tomando como base tecnolóxica as diversas áreas da enxeñaría química, comprensivas de procesos e fenómenos de transporte, operacións de separación e enxeñaría das reaccións químicas, nucleares, electroquímicas e bioquímicas.
CE.8. Dirixir e supervisar todo tipo de instalacións, procesos, sistemas e servizos das diferentes áreas industriais relacionadas coa enxeñaría química.
CE.10. Deseñar, construír e implementar métodos, procesos e instalacións para a xestión integral de suministros e residuos, sólidos, líquidos e gaseosos, nas industrias, con capacidade de avaliación dos seus impactos e dos seus riscos.
CE.12. Posuír as habilidades da aprendizaxe autónoma para manter e mellorar as competencias propias da enxeñaría química que permitan o desenvolvemento continuo da profesiónSeguirase a metodoloxía da materia equivalente no novo plan de estudos, que oferta docencia presencial:
P4142209 - Técnicas e metodoloxías en laboratorios de I+DSeguirase o sistema de avaliación da materia equivalente no novo plan de estudos, que oferta docencia presencial:
P4142209 - Técnicas e metodoloxías en laboratorios de I+D-
-
Ramon Mendez Pampin
- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 881816791
- Correo electrónico
- ramon.mendez.pampin@usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Emérito LOU
-