CG1: Dominar técnicas de recuperación de información, análise crítica da información e ser capaz de identificar teorías científicas e aproximacións metodolóxicas adecuadas para o deseño e a avaliación crítica en procesos de biof.
CG2: Saber aplicar os coñecementos á resolución de problemas no ámbito multidisciplinar da investigación e a innovación relacionada con biof.
CG3: Ter capacidade para comprender as responsabilidades sociais e éticas que se derivan da investigación, o desenvolvemento e a innovación na área da biofabricación.
CG4: Ter capacidade de liderado, creatividade, iniciativa, espírito emprendedor e dispoñer de habilidades para participar en proxectos de investigación e colaboracións científicas ou tecnolóxicas, en contextos interdisciplinares e cun alto compoñente de transferencia do coñecemento.
CG5: Coñecer, comprender e capacitar para aplicar especificacións, regulamentos e normas de obrigado cumprimento da lexislación relativa en biof. que permitan utilizar con seguridade os procesos de biofabricación.
CG6: Ter capacidade de comunicación oral e escrita e interacción científica con profesionais doutras áreas de coñecemento.
CG7: Capacitar para a organización e planificación no ámbito da empresa, e outras institucións e organizacións.
CT1: Saber expor un proxecto de investigación de forma autónoma en contornas multidisciplinares e ter capacidade para a xestión da investigación, o desenvolvemento e a innovación tecnolóxica en biof.
CT2: Usar as TICs como ferramenta para a transmisión de coñecementos, resultados e conclusións en ámbitos especializados de modo claro e rigoroso.
CT3: Ter iniciativa para a formación continuada e a abordaxe de novos retos científicos e tecnolóxicos.
CT4: Usar as Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TICs) como ferramenta para a transmisión de coñecementos, resultados e conclusións en ámbitos especializados de modo claro e rigoroso.
CT5: Practicar a sustentabilidade e o compromiso ambiental. Uso equitativo, responsable e eficiente dos recursos.
CE1: Coñecer os biomateriais poliméricos, cerámicos, vítreos, metálicos e híbridos, incluíndo nanomateriais, o seu procesado e caracterización, así como a obtención das capacidades para o seu manexo na biofabricación.
CE2: Coñecer as ferramentas básicas do deseño 3D e procesos de fabricación aditiva, así como a obtención das capacidades para a súa aplicación na biof.
CE3: Coñecer os biomateriais con propiedades avanzadas e intelixentes, así como a obtención de capacidades para o seu manexo na biofabricación.
CE4: Coñecer as técnicas avanzadas de deseño 3D, así como a obtención de capacidades para a súa aplicación na biofabricación.
CE5: Coñecer as principais tecnoloxías de fabricación e caracterización de scaffolds 2D, 3D e órganos, así como a obtención de capacidades para a súa aplicación na biofabricación avanzada.
CE6: Coñecer os tipos celulares utilizados en procesos de biof., comprender as súas características específicas e os posibles efectos da interacción entre células e biomateriais.
CE7: Desenvolver técnicas e protocolos básicos de cultivos celulares.
CE8: Coñecer as características e organización dos distintos tipos de tecidos humanos, así como adquirir ferramentas para a elaboración de protocolos de construción de tecidos artificiais e terapias avanzadas en terapia humana, coñecendo os desafíos que levan consigo.
CE9: Coñecer os principais modelos animais utilizados en enxeñería de tecidos.
CE10: Desenvolver os protocolos máis axeitados para a avaliación pre-clínica das propiedades e o comportamento dos biomateriais segundo o contexto e aplicación. CE11: Coñecer os principios, normas e modelos da experimentación pre-clínica animal, así como a obtención das capacidades para a análise, manexo e deseño de procedementos e proxectos para fins científicos.
CE12: Adquirir unha visión xeral dos diferentes tipos de terapias avanzadas baseadas en células, orgánulos celulares ou xénica de diferentes orixes e as súas aplicacións.
CE13: Adquirir un sentido ético da investigación en ciencias da saúde.
CE14: Coñecer os fundamentos e proc para o desenvolvemento e aplicación dun sistema de terapia avanzada aplicable aos trastornos da rexeneración tisular na práctica clínica.
CE15: Adquirir a capacidade para elixir e aplicar as técnicas estatísticas máis adecuadas á investigación ou o deseño experimental exposto.
CE16: Avaliar e testar as aplicabilidades dos diferentes modelos matemáticos, estatísticos ou de intelixencia artificial en bioinformática para analizar e integrar datos nunha contorna clínica.
CE17: Coñecer as bases do funcionamento empresarial, así como a obtención de capacidades para a análise, manexo, deseño e avaliación dos resultados científicos e a transferencia tecnolóxica.
CE18: Reforzar a formación recibida polo estudantado mediante o desenvolvemento formativo titorizado pola univ en institucións e empresas.
CE19: Dominar os coñecementos, competencias e habilidades que alcanzou