-
Créditos ECTS
Créditos ECTS: 4.5Horas ECTS Criterios/Memorias
Horas de Titorías: 2
Clase Expositiva: 18
Clase Interactiva: 16
Total: 36Linguas de uso
Castelán, GalegoTipo:
Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021Departamentos:
Química InorgánicaÁreas:
Química InorgánicaCentro
Facultade de CienciasConvocatoria:
Segundo semestreDocencia:
Con docenciaMatrícula:
Matriculable | 1ro curso (Si) -
-Adquirir coñecemento sobre os métodos e utilidade da nanotecnoloxía e os ións metálicos para o estudo de procesos de interese médico e biolóxico.
-Dar a coñecer ao alumnado a utilidade das nanoestruturas inorgánicas en nanomedicina tanto como ferramentas para técnicas de diagnóstico como para iniciar de xeito totalmente controlado unha acción terapéutica para tratar a patoloxía detectada.
-Identificar os mecanismos de toxicidade dos metais pesados e as técnicas terapéuticas correctoras da toxicidade e os usos dos metais en terapia e diagnose clínica.Teoría:
TEMA 1. Introdución: Ións metálicos en funcións biolóxicas. Aspectos Xerais, definicións e conceptos básicos. Perspectiva histórica.
TEMA 2. Metalofármacos e a súa actividad. Compostos anticanceríxenos de platino e outros metais. Complexos metálicos para tratamiento de artrite e diabete. Complexos metálicos antiparasitarios, antibacterianos e antivirais.
TEMA 3. Complexos metálicos en imaxe e diagnose. Tecnecio en medicina nuclear de diagnose. Complexos metálicos como axentes de contraste para MRI. Radioterapia.
TEMA 4. Nanomedicina. Circulación, consumo e eliminación de nanopartículas. Nanociencia para o tratamento de enfermidades: nanopartículas de prata, nanopartículas de ouro, nanotubos de carbono, nanopartículas de óxido de ferro superparamagnéticas (SPIONs), nanopartículas con puntos cuánticos (QDs), estruturas metalo-orgánicas (MOFs).
TEMA 5. Nanomedicina en diagnose. Nanopartículas para detección de enfermidades: MRI e FL. Nanopartículas teranósticas.
TEMA 6. Riscos potenciais das nanopartículas. Citotoxicidade de nanopartículas.
Prácticas:
-Síntese, propiedades e caracterización de nanopartículas metálicas
-Interacción de nanopartículas con biomoléculas
-Estudo da actividade superóxido dismutase de modelos biomiméticos-Biomedical nanomaterials. Y. Zhao, Y. Shen. Wiley Online Library, 2017.
-Bio-nanomaterials: designing materials inspired by nature. W. Pompe, G. Rödel, H.-J. Weiss, M. Mertig. Wiley-VCH, Weinheim, Germany, 2013.
-Carbon nanomaterials for biomedical applications. M. Zhang, R. Naik, L. Dai. Ed. Springer, New York, 2016.
-Methods in bioengineering: nanoscale bioengineering and nanomedicine. K. Rege, I. L. Medintz. Ed. Artech House, Piscataqay NJ, 2009.
-Nanotechnology in Medicine: Toxicity and Safety. M. Rai, M. Patel, R. Patel. Ed. John Wiley & Sons. Newark NJ, 2021.
-Nanomedicine technologies and applications. T. J. Webster. Ed. Woodhead Pub. Cambridge, 2012.
-Bio-nanomedicine for cancer therapy. J. A. Santos, F. Fontana. Ed. Springer. Cham, Switzerland, 2021.
-Metals in Medicine. J.C. Dabrowiak. 2ª ed. Wiley, Chichester 2017.
-Molecular and supramolecular bioinorganic chemistry: applications in medical sciences. A,L. Ramalho Mercê, J. Felcman, M. Angeles Lobo Recio (Ed.). Nova Biomedical Books, New York 2009.
-Engineering of Biomaterials. V. dos Santos, R.N. Brandalise, M. Savaris. Springer, 2017.
-Metallotherapeutic drugs and metal-based diagnostic agents: the use of metals in medicine. M. Gielen, E. R. T. Tiekink. Ed. John Wiley. Chichester, 2005.
-Advanced theranostic materials. A. Tiwari, H. K. Patra, J.-W. Choi. Ed. Scrivener Publishing. Hoboken NJ, 2015.Coñecemento
Con01. Identificar e relacionar a estrutura e aplicacións de materiais poliméricos e nanomateriais con aplicacións biomédicas e agroalimentarias.
Con03. Coñecer os fundamentos e aplicacións dos principais métodos experimentais avanzados e técnicas analíticas e moleculares de vangarda utilizados no ámbito de estudo das Biociencias Moleculares.
Con06. Comprender as técnicas moleculares usadas no diagnóstico e abordaxe terapéutico de diversas enfermidades, con énfase en todas aquelas técnicas moleculares, xénicas e celulares típicas da denominada medicina personalizada.
Competencia
Comp1. Desenvolver a capacidade de organizar e planificar axeitadamente o traballo, partindo dunha síntese y análise que permitan tomar decisións.
Comp4. Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos teóricos-prácticos dunha forma profesional e sexan competentes na formulación/resolución de problemas tanto en contextos académicos como profesionais relacionados coas Biociencias Moleculares.
Habilidade
H/D01. Avaliar como deseñar e caracterizar as propiedades de máis relevancia para a aplicación e funcionalidade dos materiais en biomedicina e alimentación.
H/D06. Interpretar resultados experimentais e identificar elementos consistentes e inconsistentes.
H/D07. Aplicar principios de enxeñaría ao deseño e construción de novos compoñentes biolóxicos ou rutas metabólicas o de sinalización.
H/D09. Aplicar axeitadamente os coñecementos e técnicas adquiridos para analizar unha situación ou concepto complexos e atopar unha maneira de resolvelos.A docencia está repartida, por grupo, e ao longo do semestre en 18 horas de clases expositivas, 4 horas de seminario, 2 de titorías en grupos reducidos e 12 horas de prácticas de laboratorio.
Nas clases expositivas (na súa maior parte teóricas), explícanse os conceptos teóricos establecidos no programa da materia, tratando de seguir unha metodoloxía que facilite a adquisición dos coñecementos por parte dos alumnos. O profesor pode contar co apoio de diferentes recursos docentes: presentación oral con utilización de taboleiro, medios audiovisuais e informáticos, recursos en internet, entre outros, pero utilizando sempre como base os libros recomendados na bibliografía.
Nas clases interactivas en grupo reducido (seminarios) analizaranse e discutiranse os problemas propostos previamente aos alumnos mediante boletíns, intentado que os alumnos participen activamente. Algúns poderán ser resoltos en grupo nestas clases. Estas clases inclúense na avaliación continua polo que a asistencia será obrigatoria.
Nas titorías en grupos reducidos resolveranse as dúbidas que podan ter os alumnos relacionadas coa materia impartida.
Nas clases prácticas aplícanse os coñecementos e conceptos adquiridos polo alumno nas clases teóricas e de seminario. As prácticas realizaranse no laboratorio en grupos de dous alumnos e estarán orientadas a que o alumno adquira destrezas no manexo do material de laboratorio e desenrole as súas capacidades dedutivas, comunicativas, de traballo en equipo e analíticas. Así mesmo incidirase na importancia das normas de seguridade nos laboratorios e no correcto manipulado dos residuos. Para elo o alumno realizará en catro sesión, de tres horas cada unha, una serie de experimentos de laboratorio dos incluídos no programa. Ao final das prácticas, cada alumno debe presentar un informe o un caderno de prácticas co traballo realizado. Así mesmo, co programa de prácticas de laboratorio refórzase a habilidade de traspoñer os coñecementos teóricos a súa aplicación práctica e a elaboración de documentos científico-técnicos. A asistencia a estas clases é obrigatoria.A cualificación de cada alumno se realizará mediante avaliación continua e a realización dun exame final, proba que será complementaria á avaliación continua. A avaliación deberá apoiarse principalmente na realización dunha proba final escrita e común para todo o alumnado (65 %) que consistirá en preguntas de teoría e resolución de problemas. A avaliación continua (35 %) comprenderá o seguimento do traballo persoal do alumno ao longo do curso, e que poderá abarcar controis escritos, traballos entregados, participación do estudante na aula e titorías, realización de exercicios nos seminarios (15 %), a realización das prácticas e o caderno de laboratorio (10 %) e un exame de prácticas (10 %).
O alumnado debe entender que ao menos ten que acadar no exame final unha nota mínima de 4,5 puntos sobre 10 e, dentro desta, un 4 sobre 10 na parte de problemas, para que a nota das outras partes lle sexa sumada á nota do exame final.
A asistencia ás clases interactivas en grupo reducido (seminarios e titorías) e as prácticas de laboratorio considerarase obrigatoria con carácter xeral. Dado que as prácticas de laboratorio están integradas na materia, a avaliación das mesmas incluirase na porcentaxe da avaliación continua. Ademais, para aprobar a materia, o alumnado deberá realizar todas as prácticas que se lle asignen e alcanzar a cualificación de apto. No exame final haberá dúas preguntas relacionadas coas prácticas de laboratorio que se inclúen na avaliación continua.
As competencias que se avaliarán nos distintos apartados anteriores son:
Exame final (65 % da nota final): Con01, Con03, Con06
Participación en clase, seminarios e titorías (15 % da nota final): Comp1, Comp4, H/D01, H/D06, H/D09
Prácticas (20 % da nota final): Comp1, Comp4, H/D01, H/D06, H/D07, H/D09
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.A materia consta de 4,5 créditos ECTS, e a carga de traballo para o alumno será de 112,5 horas. O reparto de horas para cada unha das actividades implicadas na materia será a seguinte:
Actividade:
Clases expositivas en grupo grande: 18
Seminarios: 4
Prácticas de laboratorio 12
Titorías en grupo moi reducido 2
Traballo persoal do alumnado 76,5
Total horas 112,5- É aconsellable que o alumnado asista as clases expositivas.
- É importante manter o estudo da materia “ao día” e que intenten resolver os boletíns de problemas persoalmente. A resolución de problemas e cuestións é fundamental para a aprendizaxe desta materia.
- Unha vez finalizado un tema, é útil facer un resumo dos puntos importantes, asegurándose de coñecer o seu significado.
- Ler coidadosamente os guións subministrados polo profesor antes de comezar as prácticas de laboratorio.
- É conveniente o uso das titorías para aclarar dúbidas que se lles presentan tanto na aula como no laboratorio.
- Recoméndase consultar regularmente o aula virtual da materia, onde estará dispoñible a guía docente da materia, os guións das prácticas, boletíns de problemas e outro material complementario para axudar ao alumnado no seu estudo (transparencias, enlaces web, etc.).A materia impartirase en galego e en castelán.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
-
Marcelino Maneiro Maneiro
- Departamento
- Química Inorgánica
- Área
- Química Inorgánica
- Correo electrónico
- marcelino.maneiro@usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Laura Rodriguez Silva
Coordinador/a- Departamento
- Química Inorgánica
- Área
- Química Inorgánica
- Correo electrónico
- laura.rodriguez@usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
-
2º semestre - Do 10 ao 16 de febreiro Luns 17:00-18:00 Grupo /CLE_01 Galego, Castelán 1P AULA 1 PRIMEIRA PLANTA Martes 17:00-19:00 Grupo /CLE_01 Galego, Castelán 1P AULA 1 PRIMEIRA PLANTA Exames 21.05.2025 10:00-13:00 Grupo /CLE_01 1P AULA 1 PRIMEIRA PLANTA 01.07.2025 16:00-19:00 Grupo /CLE_01 1P AULA 1 PRIMEIRA PLANTA