Acceso
Poderán acceder ás ensinanzas oficiais de Master:
1. As persoas que estean en posesión dun título universitario oficial español.
2. Aquelas que teñan un título expedido por unha institución de educación superior do EEES que faculta no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de mestrado.
3. Os titulados conforme a sistemas educativos alleos ao EEES sen necesidade de homologación dos seus títulos, previa comprobación pola Universidade de que os ditos títulos acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios españois e que facultan no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de posgrao.
Admisión
Os estudantes deberán ter unha formación académica que se corresponda coas seguintes titulacións, coa seguinte orde de preferencia:
1º. Bioquímica, Biotecnoloxía ou Bioloxía.
2º. Restantes titulacións da Rama de Ciencias e Ciencias da Saúde.
3º. Ciencias Agrarias, Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais, Enxeñaría Agrícola, Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria, Enxeñaría Agrícola e do Medio Rural, Enxeñaría Forestal e do Medio Natural, Enxeñaría Química, Enxeñaría dos Materiais e Enxeñaría do Medio Natural, Ciencias Ambientais.
Non se requiren complementos formativos para cursar o máster.
O alumnado estranxeiro, a efectos de poder seguir adecuadamente os ensinos, deberá acreditar coñecementos de lingua española ou galega mediante un título de nivel B1 ou Celga II respectivamente, ou outros de nivel superior. Este requisito non será aplicable a alumnado procedente de países de fala española ou portuguesa.
O sistema de admisión de estudantes levará a cabo de acordo con os criterios e procedementos establecidos na USC, seguindo os principios de obxectividade, imparcialidade, mérito e capacidade.
A información sobre o procedemento de admisión en másteres da USC atópase nas seguintes direccións:
https://www.usc.gal/es/admision/master
https://www.usc.gal/es/servizos/oiu/masteres_oficiais.html
A admisión dos estudantes farase tendo en conta exclusivamente a nota media do expediente académico da titulación de acceso.